O CAMIÑO Á LOUCURA

Somos seis. Antes máis. Agora tan só seis. Todos e cada un contamos cun trastorno psicolóxico diferente. Un home, un mozo, un meniño. Unha muller, unha moza, unha meniña. Por orde, Irimia é a máis vella de todas, anda cos setenta e sete anos de idade. Logo séguelle Xusto, con corenta e nove, continuado por Paulo, de vinte e seis. Agora vou eu, cos meus case dezasete anos de idade, e posterior a min, Branca, que conta con trece anos de idade. Finalmente, Fiz atópase entre os nove e dez anos. Tamén por orde, nomearei as diferentes enfermidades e trastornos psicolóxicos, cerebrais e neurobiolóxicos que padecemos: Alzheimer, trastorno por Estrés Postraumático, loitou en numerosas guerras; trastorno obsesivo-compulsivo, para el todo ten que estar simetricamente colocado; anorexia, trastorno bipolar e autismo.
Métennos nunha sala, supoño que blindada, coma todas as que vimos. Hai seis cadeiras, todas formando un círculo. Paulo comeza a se estresar. As paredes acolchadiñas, coma sempre. Non queren que nos autolesionemos, quérennos facer dano eles mesmos.
Paulo comeza a berrar e a colocar as cadeiras nun cadrado, ruído que pon nervioso a Fiz, quen se pon en crequenas, tapa as orellas e berra máis forte aínda. Xusto confunde a situación con unha das súas batallas, polo que se agobia. Branca senta no chan e comeza a chorar, aínda que ri de vez en cando. Só Irimia senta na cadeira e permanece calma e serena.
Xiro e aparece o reto do día, sobre unha mesa de cristal. Do de hoxe só sobrevivirá unha persoa, iso deixárono claro. Hai seis papeis, con cadanseu nome escrito. Collo o meu. E miro o dos demais. Todos o mesmo a diferentes niveis de dificultade: memorizar unha secuencia de números. Sentamos nas cadeiras e comezamos a tarefa. Para a nosa sorpresa, cando cansou, Fiz deixou o papel no chan e botouse a durmir. Non lle gusta o contacto físico nin o ruído, polo que evitamos molestalo. Chegou a hora da proba e Fiz ergueuse, leu o papel outra vez, e deixouno.
Como era de esperar, Irimia non pasou o control, a memoria fállalle. Xusto acordou do noventa por cento das cifras, pero errou nas tres últimas debido a que era o seu número de identificación no exército. Paulo non soporta a orde dos números se non están nunha secuencia cun sentido lóxico, polo que non memorizou nada.
Eu lembreime de todos os números, pero a distorsión da miña vista converteume setes en uns, e non pasei a proba. Branca dubidou en todas as cifras debido ao seu trastorno. Tampouco pasa. Fiz memorizou e durmiu, cousa que exercita o cerebro, comprobado cientificamente, e, polo tanto, a memoria. Fiz é o único rapaz do mundo cunha deficiencia mental que logrará salvar a humanidade dos tolos que nos meteron aquí, nun dos laboratorios do século XXII da cidade de Vigo.

  • Visites: 113

ESCOLA D'ESCRIPTURA

ESCUELA DE ESCRITORES

ESCUELA DE ESCRITORES

EDITORIAL GALAXIA

AEELG

METODE

RESIDENCIA D'INVESTIGADORS

INVESTIGACIÓN Y CIENCIA

AELC

IDATZEN

EL HUYAR

EUSKAL ETXEA

BIBLIOTEQUES DE BARCELONA