Nada en Breogam

- ¡Maruxa, que chegamos! –dixo Antón.
Maruxa desperezouse un pouco e levouse as mans o bombo, case a sorprendeu non ter rachado augas. Pero so case, o tópico sinalaba os avións e eles ían nun submariño rumbo a cidade Breogam.
Cidade Breogam era a primeira grande cidade submariña de Europa, construída sobro cumio da elevación submariña chamada “Banco de Galicia”. O comezo so fora un módulo de investigación, logo tíñase permitido a explotación controlada dos recursos da zoa. Co suministro de peixe e os cultivos de corais primeiro e logo o aproveitamento da enerxía producida pola turbulencia profunda, a “Base Breogam” foi medrando ata converterse nunha cidade submariña de case mil habitantes.
Antón vira todo aquilo, comezara coma bolseiro no programa de cultivo de cnidarios pra logo graduarse coma piloto de minibatiscafos. Durante dous anos formou parte de numerosas expedicións que descubriron moito sobre a fauna e xeografía do Banco de Galicia.
Era un traballo arriscado pero agradecido. Aquelas “montañas” que alzábanse sobras chairas abisais eran máis escarpadas cas terrestres e os seus canóns eran fondos e afiados. Peixes, luras e medusas de todas formas e tamaños percorrían aquelas augas coma paxaros alieníxenas.
O seu maior éxito foi o achado dun par de zoas no Escarpe de Galicia especialmente ricas en corais de auga fría. O voltar a cidade contoullo os da cooperativa de recolledores e a xente do laboratorio de i+d traballaba con eles pra obter menciñas e complementos alimenticios.
Houbo un acordo: un grupo de exploradores liderado por Antón realizaría un estudo de impacto ambiental na zoa en base o cal veríanse as opcións de explotar as comunidades de corais de xeito sustentable.
Non estaba mal pra un rapaz de Fisterra.
Foi por entón cando Maruxa chegou a Cidade Breogam dende Vigo. Costara de seu que encargaran unha reportaxe compreta sobra cidade que xa comezaba a ser descrita coma a “quinta provincia” a unha novata da Mariña Lucense, pero Maruxa non era das que se rendían.
A “cidade” impresionouna: media docea de habitáculos submariños interconectados por tubos de fibra de silicio que brillaban na eterna noite do abismo. Cada un co seu propio dique para os atraques submariños.
Concentrouse nas rúas da cidade, que non eran coma as das cidades normáis: estaban cubertas por cúpulas transparentes e tiñan constante iluminación artificial. Non lle parecía estraño que un dos trastornos máis comúns pra vivir na cidade fora o estrés por confinamento, pero era algo o que non vía solución: baixo o mar non queda outra que vivir en módulos.
Polo demáis, a cidade pareceulle ben organizada e incluso bonita. Tiña tendas, ximnasios e teatros onde proxectábanse películas, celebraban concertos e interpretaban monólogos.
Foi nun teatro onde coñecéronse os dous. Non pode dicirse que fose un frechazo, pero algo de conexión houbo. O cabo de dous semanas de cruzarse constantemente en bares, ximnasios e teatros, Antón pediulle abertamente saír e Maruxa aceptou. Así comezaron unha relación con altibaixos afectada polo pouco tempo que podían pasar xuntos.
Cando Maruxa volveu a Vigo pra presentar a súa reportaxe final, Antón deu a relación por perdida e concentrouse no seu traballo.
Por aquel entón a recollida de corais estaba un pouco paralizada, polo que Antón volveu a traballos de exploración, onde realizou varias viaxes máis longas grazas a un novo modelo de minibatiscafo. Nunha desas viaxes, Antón chegou ata o Monte submariño Vigo xunto a outros dous exploradores.
O seu regreso, o alcalde fíxolle saber que tería que volver a terra pra facer público todo o que tiña pescudado. Non descubrira nada sensible pero que foran galegos os primeiros en explorar directamente aquel monte submariño situado xusto fronte o Porto sería útil de cara a futuras negociacións cos portugueses.
Así que Antón atopouse de volta en Vigo antes do que contaba preparando unha ponencia sobra xeografía da zona submariña o oeste de Galicia e o Norte Portugal.
O que tampouco agardaba foi que a xornalista elixida pra cubrir os seus descubrimentos sería Maruxa. Ela sempre dixera que non era moi previsor.
En Vigo retomaron a súa relación, que foi mellorando cando Maruxa conseguiu que a nomearan corresponsal en cidade Breogam. Nesta nova situación, Antón procurou unha saída e atopouna deixando o traballo intensivo no exterior pra entrar a traballar no deseño dos batiscafos. Así puideron pasar máis tempo xuntos.
Ata que Maruxa quedou xestante e voltaron a Vigo pra asegurarse de que o embarazo sucedía sen complicacións. Cando quedou claro que a cousa ía como tiña que ir, Maruxa empeñouse en voltar pra que a pequena Sabeliña fora unha das primeiras meniñas nadas en Breogam.
E aí estaban agora, volvendo a cidade submariña onde levaban un tempo vivindo pra ter a súa filliña.
  • Visto: 249

ESCOLA D'ESCRIPTURA

ESCUELA DE ESCRITORES

ESCUELA DE ESCRITORES

EDITORIAL GALAXIA

AEELG

METODE

RESIDENCIA D'INVESTIGADORS

INVESTIGACIÓN Y CIENCIA

AELC

IDATZEN

EL HUYAR

EUSKAL ETXEA

BIBLIOTEQUES DE BARCELONA