(PA)CIENCIA

Se boto a vista atrás doume conta de que eu non era un neno movido, traste… se non que en realidade tiña curiosidade científica.
Explícome.
Cando soaba o espertador e non me levantaba non é porque fose un vago, se non que o meu corpo estaba a experimentar unha das tres leis do movemento de Newton!
O meu corpo permanecía en repouso ata que era obrigado a cambiar o seu estado por forzas impresas sobre el (a miña nai arrincándome literalmente da cama).
A de veces que escoitei á miña nai dicir: Canta paciencia teño que ter contigo!
Ou cando empuxaba ao meu irmán mentres ía no patinete para facerlle caer e quedarme eu co patinete, non o facía con mala intención, só estaba a alimentar a miña curiosidade científica.
E se encima conseguía tiralo e quedarme co patinete, mellor que mellor.
Agora doume conta de que o meu irmán tamén tivo moita paciencia comigo.
Todas as veces que non me terminaba a cea non o facía para enfadar ao meu pai, que días despois terminaba atopando o prato cheo de mofo escondido nalgún lugar da casa, se non que o facía para comprobar como se deterioraban os distintos alimentos a diferentes temperaturas.
O meu pai é outra desas persoas que tivo unha enorme paciencia comigo.
E nin falar da vez na que case incendio o instituto ao facer o parvo cuns mistos, cando probablemente só estaba a facer un experimento químico!
Todos os meus compañeiros e os meus profesores tiveron moita, quizais demasiada, paciencia.
E como estas, miles e millóns de anécdotas máis….
Que probabilidade había de que un neno como eu, que a primeira ollada parecía un neno traveso bastante común, terminase dedicándose á ciencia?
  • Visto: 157

ESCOLA D'ESCRIPTURA

ESCUELA DE ESCRITORES

ESCUELA DE ESCRITORES

EDITORIAL GALAXIA

AEELG

METODE

RESIDENCIA D'INVESTIGADORS

INVESTIGACIÓN Y CIENCIA

AELC

IDATZEN

EL HUYAR

EUSKAL ETXEA

BIBLIOTEQUES DE BARCELONA