O Umbral do home

—Estábamos na beira do campamento, coma sempre. De súpeto apareceu unha figura na
distancia. Nos tiñamos coñecemento de que non podía saír nin entrar ninguén do búnker. E
créame vostede que ninguén se acercou nunca alí. Por iso meu compañeiro e máis eu
acercámonos a investigar. E... vímolo. Polo menos dous metros de alto, máis escuro ca noite, uns
ollos coma de felino que parecían atravesarme a alma... todavía teño a sensación de desacougo
no meu peito.
(...)
—Si, apuntamos, pero non reaccionou. E disparamos pero foi máis rápido. Cando tiña o
dedo na punta do gatillo aquel demo acercárase cunha velocidade abrasante e arrincounos as
armas de súpeto coma se fora quitarlles lambetadas aos nenos. Moveouse tan rápido que
levantara pó ao pasar. Ningún disparo o tocou!
(...)
—Non reaccionou, únicamente seguiu o seu camiño baixo o sol. Entón foi cando o meu
compañeiro tentara usar a súa outra pistola, pero aquelo deu unha mirada brutal xirando a
cabeza. Comecei a sentir un desánimo e náuseas sobrenaturais, e tiven que sentar enriba da area
candente. Dende aquela, meu camarada está así...
(...)
—Que están a facer? Xa lle dixen o que sei... non, non contaremos nada! El está catatónico pero eu xurei fidelidade a... Non! Por fa—

O sarxento pechou a gravación e mirouno. Lucius limpouse a suor da fronte, sentindo os
latexos do seu corazón na gorxa.

—A división científica marchouse sen máis, vostede é o único que queda aquí, Lucius.
—Sarxento, non teño autorización...

—Mire,—cortoulle—neste deserto non hai soamente militares, estamos preto de zonas
civís frecuentadas pola prensa conformista do primeiro mundo para capturar as desgrazas desta
xente. Vou ser franco, non poderemos reter a esa cousa se non sabemos que é. Así que, insisto,
dígame que clase de criatura tivestes no búnker.

—O problema Señor é que... non estou seguro de que podamos retelo.

—Que está dicindo?—Inquiriu.

Lucius suspirou e apretou os puños.
—Que é unha forma de vida superior, a nosa tarefa foi crealo no búnker.

—Crealo?

—Somos enxeñeiros xenéticos. O individuo que agora camiña polo deserto e o resultado
de anos de traballo no xenoma hipercondensado.

—Sexa o que sexa o que está no meu deserto vai ser destruido. Os meus soldados saen
agora mesmo a cazalo!— O sarxento ergueuse da cadeira bruscamente.

—No seu lugar eu ficaría, Señor. A súa pel ten a resistencia do grafeno e a súa velocidade pode permitirlle desfacerse de vós en calquera instante. Non caerá coa ráfaga dun kalashnikov. E pode correr durante moito tempo. Ademáis, sei que quere facer.—Lucius xogueteu co lapis que empregaba para tomar notas rápidas.—Cando comezamos as modificacións empregamos a ferramenta do CRISPR e deseñamos unha célula nai. Dímonos conta de que non podes esperar mellorar ao humano se non te percatas de que non é un único individuo. É un conxunto de células, creadas pola nai. Son como constructores, as fillas seguen o deseño o pé da letra modificando cando fai falta. Pero moitas veces cometen errores. Nós arranxamos estes defectos, deseñamos un novo corpo collendo o mellor da natureza, a rexeneración do axolote, a resistencia do tartígrado, a lonxevidade dos árbores. É o culme da evolución humana e do humanismo.

—Que queres dicir!?

—Cando comezamos co proxecto—proseguiu impávido—tiñamos en mente unha entidade
capaz de sobrevivir en todos os ecosistemas da terra, sen case precisar recursos. E lle dotamos
de pel modificada con material de vantablack, é case imposíbel atravesalo, e absorbe case o total
da luz que recibe, no seu sangue hai organismos fotosintéticos que lle permiten obter enerxía do
sol, ademáis, pode vivir ata en temperaturas de noventa graos Celsius. As súas fibras musculares
son de biokevlar, potentes coma se fora unha máquina. Non se lle pode dar caza. Así mesmo,
tampouco é susceptíbel as armas biolóxicas, é biótico, está programado para reconstruir o seu
corpo se está en perigo. Unha vez conseguimos que fora tan resistente, démoslle a capacidade de
crear.

O Sarxento retrocedeu.
—So precisa unha cantidade suficiente de biomasa e auga, e poderá remodelar o seu corpo a súa vontade. Posto que cando domiñou o seu corpo ao completo, o seguinte paso foi a evolución, dotámoslle da capacidade de mutar, de adaptarse, incluso multiplicarse . E démoslle un propósito, iso foi no que fallamos. Se non tivera un propósito non pasaría nada.

—Cal é...?—Dixo temoroso o home.

—O mesmo que o noso. Mellorar a especie, nós non puxerámonos trabas, e el tampouco o
fará. Agora quererá buscar recursos no pobo ou campamento máis cercano. Logo fará o que nos
xa fixemos coas especies inferiores.
—Que vai facer, Lucius?

—Este é o precio da ciencia sen ética.

Lucius recostouse o mirou pola fiestra.
—Vai eliminiar os defectos da nosa sociedade, pero da forma rápida e natural. Vai eliminar aos organismos defectuosos.



Vai cazarnos.

  • Visto: 83

ESCOLA D'ESCRIPTURA

ESCUELA DE ESCRITORES

ESCUELA DE ESCRITORES

EDITORIAL GALAXIA

AEELG

METODE

RESIDENCIA D'INVESTIGADORS

INVESTIGACIÓN Y CIENCIA

AELC

IDATZEN

EL HUYAR

EUSKAL ETXEA

BIBLIOTEQUES DE BARCELONA