ACV

Xián e Rosalía eran unha parella de anciáns que tiña 88 anos cada un. Vivían nunha aldea algo afastada da cidade.
Xián estaba a coidar as ovellas, pero entrou na casa para beber un vaso de auga. Botouse as mans á cabeza e axiña recolleu a Rosalía do chan. Apresurose a chamar ó hospital. A ambulancia non tardou en chegar, os dous foron para urxencias e alí diagnosticáronlle un ictus. Xián chamou por teléfono aos seus fillos. Eles, con bágoas no rostro, foron cara alí. Cando chegaron, os catro, penados, apertáronse co seu pai.
Pasara unha semana e Rosalía aínda estaba no hospital, xa chegara o momento de levala para a casa. Case non podía nin falar e cando lograba articular algunhas palabras, dicía que tiña dor; a súa memoria tamén fallaba, non lembraba ben os nomes, tiña vagos recordos; tampouco conseguía ver ben; e só podía facer pequenos movementos corporais. Debido á obstrución  sanguínea que sufriu, o sangue que bombeaba o seu corazón non chegaba ben ao seu cerebro, polo que as neuronas non recibían o osíxeno como é debido e, desta maneira, morrían pouco a pouco porque non lograban levar acabo a sinapse.
Aldara (filla de Rosalía e Xosé) e o seu home Xosé, foron vivir con eles unha tempada para axudalos.Unha noite, Xián saíu do seu cuarto e tentou meterse na cama que tiña Rosalía (que estaba adaptada para as súas capacidades) cando Xosé erguéuse para ir ó baño e pillouno; Xosé tentou explicarlle a situación, mais Xián non entraba en razón, pois levaba moitos anos durmindo con ela e non quería que nada o impedise agora.
Xián seguía a falarlle cada día coma se non lle houbese pasado nada, estaba namorado coma dende o primeiro día, tanto que desexaba que o mal que ela estaba a pasar, o tivese el.
Pasaron catro meses e cando foron á cama de Rosalía para erguela, decatáronse de que esa noite falecera, mais, aínda que a homeostase loitou por mantela con vida , o seu corazón xa non latexaba, xa non se escoitaba o son que facían a sístole e a diástole; as súas neuronas xa non realizaban a sinapse; os seus pulmóns xa eran inservíbeis; o aparello dixestivo xa non farían nunca máis a dixestión; as súas glándulas xa nunca segregarían máis hormonas; o aparello excretor xa non eliminaría máis sustancias de refugallo; a actina e a miosina xa non terían que traballar en movementos musculares de contracción; o sistema esquelético xa no serviría de palanca para os músculos; e por último, o seu sistema inmunolóxico xa non loitaría máis contra bacterias ou virus.
Chegara xa o momento da derradeira despedida, ninguén era capaz de falar. Todos choraban mentres presenciaban como o ataúde entraba no nicho. O hipocampo de todos os presentes, comezou a traballar, mostrando os recordos que cada un  vivira con Rosalía.
Xián sentiuse vacío, faltáballe Rosalía. Desexaba ser el quen sufrira iso e non ela. Mais non llo contou aos seus fillos, netos e bisnetos para non preocupalos.
  • Hits: 153

ESCOLA D'ESCRIPTURA

ESCUELA DE ESCRITORES

ESCUELA DE ESCRITORES

EDITORIAL GALAXIA

AEELG

METODE

RESIDENCIA D'INVESTIGADORS

INVESTIGACIÓN Y CIENCIA

AELC

IDATZEN

EL HUYAR

EUSKAL ETXEA

BIBLIOTEQUES DE BARCELONA