FAQ

Preguntas frecuentes
Que é Inspiraciencia?

Un concurso de relatos de inspiración científica. Os relatos serán narracións de ata 800 palabras. O tema e o formato son libres, pero a ciencia debe estar presente, xa sexa como argumento principal ou secundario.

Quen pode participar?

O concurso está aberto a calquera persoa, a partir de 12 anos, que queira presentar un relato orixinal inspirado nunha temática científica.

Cantas categorías hai?

Hai dúas categorías: adulto (a partir de 18 anos) e mozo (entre 12 y 17 anos). A data de nacemento establece a categoría (Mozo ou Adulto) na que se participa, tomando como referencia a idade na data de peche do prazo.

Como podo participar?
Primeiro de todo, debes rexistrarte cubrindo o formulario que atoparás no apartado “Participa”. Co nome de usuario e contrasinal poderás acceder á túa conta e xa poderás escribir, editar e publicar os teus relatos. E, no seu momento, participar na votación popular.
Que é o seudónimo?
O pseudónimo é o nome co que asinarás os teus relatos.
Que modalidades hai?

O concurso ten unha única modalidade competitiva: relato curto (ata 800 palabras).

Dentro desta modalidade, nesta edición, ademais, outórgase un premio accésit Feynman aos relatos de calquera categoría e lingua que traten a obra ou a figura de Richard Feynman.

En que linguas pódense presentar os relatos?

Os relatos poden estar escritos en catalán, castelán, galego ou éuscaro.

Que hai que facer para publicar un relato?

Debes iniciar sesión en www.inspiraciencia.es co teu nome de usuario e contrasinal. Logo, podes editar o texto no espazo habilitado. Todos os relatos deben incluír un título e un texto para ser admitidos a concurso. Cando teñas a versión definitiva, pulsa o botón “Publicar”.

Non se aceptarán os relatos que se presenten por outras vías.

Ata cando hai tempo para publicar os relatos?

A data límite para publicar os relatos é o 17 de maio de 2018.

Cantos relatos podo presentar?

Cada participante pode presentar un máximo de catro relatos, sempre que estes estean escritos en linguas distintas (catalán, castelán, galego e éuscaro). É dicir, un participante podería presentar dous relatos, un en castelán e outro en galego; pero non podería presentar dous relatos en catalán.

Podo presentar un relato en linguas distintas?
Non. Os relatos dun mesmo participante deben ser todos orixinais.
Como se escollerán os relatos gañadores?
A comisión organizadora fará unha primeira selección de relatos mediante un sistema de dobre moderación, que pasará logo ao xurado e someterase á votación popular. O premio institucional decidirase por deliberación do xurado. O premio do público decidirase por votación en liña, na que poderá participar calquera persoa que previamente se rexistrou.
Que criterios séguense para escoller as obras?

Os relatos valóranse tendo en conta a adecuación á temática do concurso, a calidade literaria, a orixinalidade na formulación, a estrutura e a coherencia da narración, así como o estilo, a creatividade e a imaxinación.

Que podo gañar?

Os premios institucional e do público consistirán en dispositivos electrónicos, libros ou revistas de divulgación, cursos de escritura ou similares. Ver o apartado Premios.

Se gañei nunha edición, pódome volver presentar?

Os gañadores dunha edición para unha categoría e lingua, non poderán presentarse para a mesma categoría e lingua nas dúas seguintes edicións. Isto quere dicir que se unha persoa gañou o mellor relato en catalán, categoría adulto, ao ano seguinte non podería concursar nesa lingua pero, en cambio, poderao facer en galego, castelán, éuscaro.


Contacto

  • Email
    Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.