O IDILIO PERFECTO

A espiral de Fibonacci acada a perfecta proporción na cuncha do caracol. E a distribución do seu interior, é o refuxio calmo do seu corpo fráxil e as súas antenas pregadas. Cando o caracol se move, deixa unha pegada mucosa que marca un percorrido lento, constante e calado, mentres observa o mundo despregando o seu ollar telescópico.
O xirasol, na procura da súa deidade áurea, nota agora o moco viscoso do caracol que se achega á súa fábrica de sementes. Nun movemento estratéxico, mentres o xirasol busca a luminosidade e calor do sol, o caracol esvara e cae ó chan, impactando a súa cuncha nunha rocha. Prega o seu ollar e se agacha dentro da cuncha. Un peteiro curioso pica a cuncha e faina arrolar pola rocha. O caracol palpa unha superficie estable, síntese seguro e asoma a cabeza fóra da cuncha, despregando o seu ollar de novo. E de súpeto, a ve... A beleza das súas ás, a xeometría perfecta dos seus debuxos, as súas cores cambiantes segundo o ángulo da luz, ese voo sincronizado, elegante e veloz. O caracol zigzaguea no seu ronsel mucoso e case perde o equilibrio. Os seus ollos telescópicos case crúzanse e se fan un nó ó tentar seguir o voo daquela libélula fermosa.
É entón cando xorde o idilio da natureza entre o paradigma matemático da espiral e a xeometría dos fractais das ás máxicas que coidan as augas máis puras do universo celta.
  • Hits: 215

ESCOLA D'ESCRIPTURA

ESCUELA DE ESCRITORES

ESCUELA DE ESCRITORES

EDITORIAL GALAXIA

AEELG

METODE

RESIDENCIA D'INVESTIGADORS

INVESTIGACIÓN Y CIENCIA

AELC

IDATZEN

EL HUYAR

EUSKAL ETXEA

BIBLIOTEQUES DE BARCELONA