Pementiños cuánticos
- Tanche bos estes pementiños! - constatou Xavi satisfeito tras probar un par deles.
- Pero ten coidado, Xavi, que son pementiños de Padrón e xa sabes: uns pican e outros non - avisouno Mariña mentres collía un do prato á súa vez.
- Daquela son pementiños cuánticos, Mariña - riu antes de engulir outro par de saborosos pementiños.
- Pois eu diría que si: a interpretación de Copenhague da mecánica cuántica di que un sistema cuántico permanece en superposición ata que interactúa co mundo externo ou é observado por el -concordou ela.
- Ou dito doutro xeito, un pementiño pica e non pica simultaneamente mentres está no prato. Só unha das dúas opcións será real cando o estea degustando... -observou o mozo mentres atacaba de novo a minguante ración.
- Se son de Padrón, si. Pero tamén temos os que se empezaron a cultivar no século XVIII no mosteiro de San Martiño do Couto, en Narón - indicou a moza.
- E que teñen de especial eses pementos do Couto? - preguntou Xavi sen descoidar a degustación dos que tiñan no prato.
- Disque sendo prior do mosteiro frei Felipe Colmenero visitouno frei Martín Sarmiento. El deulle a probar os pementos e o padre Sarmiento queixouse porque picaban -informouno Mariña antes de mordiscar outro pementiño-. A tradición di que desde aquela o padre Colmenero comezou a escoller as plantas ata lograr unha liña delas que daba froitos que non picaban nunca.
- E está documentado iso? - preguntou Xavi.
- O padre Sarmiento hospedouse no mosteiro nas súas viaxes a Galicia en 1745, cando era prior Felipe Colmenero, e en 1755 -concretou Mariña.
- E o demais? - inquiriu de novo o mozo.
- Se o resto é como contan -dixo a moza-, a selección xenética de frei Felipe Colmenero adiantouse máis dun século á do monxe agustino checo frei Gregor Mendel nos seus experimentos con chícharos, tras os que deu a coñecer as leis da herdanza xenética en 1865 e 1866.
- Mira ti, parecemos personaxes da serie de televisión 'The Big Bang Theory', falando de ciencia mentres xantamos - sorriu Xavi.
- Xa che digo - asentiu Mariña collendo un dos últimos pementiños.
- Uauuuuu! Este si que pica que adoece! - queixouse Xavi mentres bebía apresuradamente un vaso de auga.
- Pementiños cuánticos de Padrón... ou pican ou non... hahaha! - concluíu Mariña cunha gargallada.

- Visto: 59