Que é Inspiraciencia?

Un concurso de relatos de inspiración científica


A creación literaria como forma de achegamento ao pensamento científico

Inspiraciencia é unha iniciativa que relaciona ciencia e escritura dun xeito lúdico, un espazo aberto para pensar e imaxinar a ciencia desde a ficción. O seu obxectivo é fomentar un achegamento ao pensamento científico, de forma libre e persoal, a través da creación literaria, e explorar realidades antes non imaxinadas.

INSPIRACIENCIA

Modalidade

O concurso ten unha única modalidade competitiva: Relato curto dunha extensión máxima de 800 palabras


Categorías

O concurso ten dúas categorías: adulto (a partir de 18 anos) e mozo (de 12 a 17 anos).
INSPIRACIENCIA

Linguas

Os relatos poden estar escritos en catalán, castelán, galego ou éuscaro. 

Consulta as bases do concurso.

© 2022-2023 Inspiraciencia. Todos los derechos reservados. Los textos, ilustraciones, fotografías y documentos son propiedad de sus respectivos autores. Los relatos ganadores podrán ser publicados en medios físicos y digitales, siempre mencionando la autoría. Imágenes: Freepik, Unsplash