FAQ
Un concurso de relatos de inspiración científica. Os relatos serán narracións de ata 800 palabras. O tema e o formato son libres, pero a ciencia debe estar presente, xa sexa como argumento principal ou secundario.
O concurso está aberto a calquera persoa, a partir de 12 anos, que queira presentar un relato orixinal inspirado nunha temática científica.
Hai dúas categorías: adulto (a partir de 18 anos) e mozo (entre 12 e 17 anos). A data de nacemento establece a categoría (Mozo ou Adulto) na que se participa, tomando como referencia a idade na data de peche do prazo.
Primeiro de todo, debes rexistrarte cubrindo o formulario que atoparás no apartado Participa. Co nome de usuario e contrasinal poderás acceder á túa conta e xa poderás escribir, editar e publicar os teus relatos. E, no seu momento, participar na votación popular.
O concurso ten unha única modalidade competitiva: relato curto (ata 800 palabras).
Os relatos poden estar escritos en catalán, castelán, galego ou éuscaro.
Debes iniciar sesión en www.inspiraciencia.es co teu nome de usuario e contrasinal. Logo, podes editar o texto no espazo habilitado. Todos os relatos deben incluír un título e un texto para ser admitidos a concurso. Cando teñas a versión definitiva, pulsa o botón “Publicar”.
Non se aceptarán os relatos que se presenten por outras vías.
Cada participante pode presentar un máximo de catro relatos, sempre que estes estean escritos en linguas distintas (catalán, castelán, galego e éuscaro). É dicir, un participante podería presentar dous relatos, un en castelán e outro en galego; pero non podería presentar dous relatos en catalán.
Para valorar os relatos tense en conta a adecuación á temática do concurso, a calidade literaria, a orixinalidade na formulación, a estrutura e a coherencia da narración, así como o estilo, a creatividade e a imaxinación.
Os gañadores dunha edición para unha categoría e lingua, non poderán presentarse para a mesma categoría e lingua nas dúas seguintes edicións. Isto quere dicir que se unha persoa gañou o mellor relato en catalán, categoría adulto, ao ano seguinte non podería concursar nesa lingua pero, en cambio, poderá facelo en galego, castelán e éuscaro.
É o premio ao que pode optar o proferosado que participe cos seus alumnos en Inspiraciencia. Outorgarase á mellor presentación do proceso seguido para crear e seleccionar os relatos na aula.
O profesorado que participe cos seus alumnos en Inspiraciencia. Como requisito deberá presentar (o alumno) polo menos un relato na categoría Mozo do concurso.
En levar á aula unha experiencia relacionada co proceso de creación dun dos espectáculos ideados para a gala de Inspiraciencia.
Sí. Como novidade da presente convocatoria, o profesorado que promova a participación do alumnado con polo menos un relato na categoría Mozo poderá optar ao premio especial De ciencias e de letras.
Si. Este premio valora a calidade do proceso de creación e selección de relatos, o carácter interdisciplinario e o grao de motivación do alumnado, independentemente de se os relatos presentados polos alumnos resultan ou non premiados.
Este premio outórgase aos mellores relatos da modalidade de Arqueoloxía (por cada categoría e lingua).
Aqueles participantes da categoría Mozo (ata os 17 anos inclusive) e da categoría Adulto que, no momento de presentaren o relato, opten pola modalidade de Arqueoloxía.
- 1 Echo Dot
- 1 lote de libros de divulgación do CSIC
- material promocional ArchaeologyHub CSIC