Skip to main content

Chove!

Foi escoitar cómo golpeaban as gotas de choiva contra a ventá e deixar os apuntamentos, tirando o bolígrafo sobre o libro e dirixíndose raudo cara o ventanal do balcón de casa.
David quedaba fascinado vendo como precipitaba. Sabía perfectamente a pesar de ter só dez anos, como se producía o fenómeno atmosférico, que tipo de nubes eran, cal era a dirección de onde procedían.
Anotaba todos estes datos no seu caderno titulado “Meteo”, indicando cada día de si chovía moito ou non, si o sol espantaba a todas as nubes ou facía cair aos paxaros de calro, si caía unha boa tronaba, si as rachas de vento chegaban a dobrar as copas dos eucaliptos, si caía o estrepetuoso graínzo ou si a densa neboa cubría coma unha boina os cumios dos montes. Íalle custar poder anotar que alí, xunto á costa atlántica, podera algunha vez nevar, anque non perda a esperanza.
Súa nai non podía axudarlle en moito e deixaba que fora libre ca súa nova afición, a cal lle inculcara o seu tío, un apaixonado da climatoloxía tamén dende moi neno.
David tomaba as notas e lle pedía á súa nai que accedera ás aplicacións que o seu tío lle dixera de consultar para confirmar e ampliar os datos e alá ía ela para satisfacer a súa curiosidade.
A ela, lle dixeran que posiblemente sería unha afición transitoria, mais ese prazo xa se extendía durante dous anos. Quería desde entón ser científico e investigador do clima, saber porque había tales fenómenos e ir un día ata a Antártida e estudar aquel enorme continente xeado, aquel gran xeado tal como el o chamaba.
Xa visualizara numerosos documentais e lle daba coraxe que se estivera a derreter, alporizábase polo cambio climático e que non se estivera a facer nada e agardaba á chegada do seu tío para comentar entre os dous as novidades que descubrira, mentras a súa nai os deixaba observar na pantalla do ordenador as imaxes de satélites, do radar, analizar os mapas do tempo.
Ou como acabaron saíndo esa mesma tarde ao balcón e David escoitaba totalmente atento a enésima explicación de porque mañá faría un día solleiro, cun tímido sol que tentaba asomarse de entre as nubes de branco algodón. Alí arriba, onde o neno aínda creía que papá o saudaría.
  • Hits: 61