Bosquexos de microscopía
Zeltia aprendeu a valerse por si mesma desde que ten memoria. Os seus pais, que traballaban no bar da aldea, pasaban os días servindo aos esgotados e famentos visitantes que contaban as batallas do Camiño. O escaso tempo que estaban na casa impedíalles ocuparse da pequena. Foi así como Zeltia comezou a descubrir e desenvolver a súa mente enxeñosa, o que anos despois levaríaa á fama.
Con todo, todo isto debeuse a unha grande oportunidade…
Zeltia sentía un amor profundo polo sol, os paxaros, as flores e a natureza, por esta razón adoitaba ir pasear cara a lugares como Caldas, Briallos ou Carracedo, buscaba recunchos ocultos, árbores frondosas que ofrecesen sombra e regatos que sobreviviran o inverno.
Un día mentres paseaba polo bosque, atopou un antigo microscopio abandonado, Zeltia recolleuno e levouno emocionada para a casa. Aínda que non sabía exactamente como usalo, sentía unha gran fascinación por aquel estraño aparello. Preguntou os seus pais como funcionaba e estes explicáronlle que era para ver as cousas máis pequenas do mundo.
Co seu novo xoguete, comezou a colleita de pequenas mostras que a rodeaban: follas, flores e insectos... Sentaba na súa habitación fronte a unha mesa chea de frascos con cores e cuns cristais chamados portaobxectos que os seus pais conseguíranlle no instituto da cidade, comezaba a explorar o mundo microscópico.
Atraída polas cores, colleitou un puñado de pétalos de flores e observou que eran moito máis que simples cores. Baixo o microscopio, Zeltia marabillouse ao descubrir un mundo de texturas e patróns incribles. As células e os tecidos revelaban unha beleza oculta, as cores brillantes parecían ter vida propia e Zeltia quedou sen palabras.
A partir dese día, converteuse nunha apaixonada da ciencia. Pasaba horas e horas investigando co seu novo microscopio, descubrindo mostras para analizar. Incluso un día, cando tropezou cunha roca e magoouse, chegou a ver no microcopio o seu propio sangue! Lía libros sobre cores, tecidos e células chamados “Histoloxía” mentres enchía a súa habitación con anotacións e debuxos de todas as súas observacións.
Cando medrou, uniuse ao club de ciencias do pobo, onde coñeceu a nenos e nenas apaixonados pola ciencia coma ela. Xuntos realizaron experimentos, visitaron laboratorios e participaron en concursos científicos. Zeltia atopou un grupo de amigos e amigas co que compartir habilidades e entusiasmo.
Co paso do tempo, Zeltia converteuse nunha científica recoñecida e respectada. Continuou explorando o mundo a través do microscopio e contribuíndo ao campo da histoloxía. O seu amor pola ciencia levouna a realizar importantes descubrimentos e a inspirar ás novas xeracións científicas.
A nena que unha vez atopou un antigo microscopio no monte, converteuse nunha forza impulsora do mundo científico, lembrando a todos que a curiosidade e a paixón poden levarnos a lugares inimaxinables.

- Hits: 63