Skip to main content

E foise a luz


E foise a luz


Era unha fría noite de inverno. Por a tarde empezaran a caer as primeiras folerpas, e inda non pararan!
-Subo o meu cuarto, vou ler un anaco. Díxenlle a miña nai.
Estaba escollendo o libro que ía empezar cando se apagou a luz. Dirixinme o interruptor, as apalpadas, cando de súpeto sentín que o meu corpo se deslizaba cara o chan a cámara lenta.
-Demo de alfombra!
No chan, decateime de algo no que nunca me fixara. Saía luz da porta do señor Pérez. Achegueime.
-Que dor de cachola e de cu!
Agarrei o tirador e tirei del, nada, probei cas dúas mans. Empezou a abrir lentamente. Pechei e abrín os ollos varias veces. Aquelo era un túnel moi longo e escuro, iluminado cunha tímida luz de candis. Entrei, o móbil seria a miña lanterna. As paredes estaban repletas de diferentes debuxos antigos; paxaros, elefantes, serpes, frechas, mans... Parecían xeroglíficos. O chan estaba es corredizo. Camiñaba devagar abraiada con todo aquilo. Un refacho de vento fíxome espertar. Estaba diante dunha bifurcación.
- Esquerda ou dereita? Dereita...Cavilei pouco convencida.
Este tramo era mais angosto, e tamén mais interesante.
Empezaron a parecer diferentes expositores con...DENTES???, aquilo eran dentes?. Aproximeime. Pois si, eran dentazos que alguén se encargara de ir limpando e identificando. Dentes enormes, coma súa raíz!
De súpeto apagáronse os candis, o corazón púxoseme a mil. Quixen berrar, pero non saíu ningún son por a miña gorxa. Respirei profundo e ordeneille o meu corpo que se movera. Tiña que saír. Tan pronto o meu pe esquerdo se moveu, volveu a luz.
- Ja,ja,ja, debe ter sensor de movementos. Dixen falando en voz alta e nerviosa.
Era o un bo momento para saír de alí, e esquecer todo o que acababa de ver. Pero coñecéndome un pouco....como ía marchar sen explorar aquelo.
Aproximeime a primeira mostra . A vitrina estaba selada, e o cristal que a recubría era duns 5cm de grosor.
Tiña unha placa que dicía; “Primates 65 millóns de anos. Patrón cuatritubelar.” E o lado había un dente como a punta dunha frecha.
-Cuatritubelar?, que significaba aquelo?.
Dirixíame a buscalo no meu telefono, e foi cando me din conta, que alí non tiña nin un ápice de cobertura.
-E se me pasa algo, como saio de aquí?. Debía marchar xa.
Mellor non, era unha oportunidade única, cando falara cas miñas amigas e llo contase ían morrer de envexa.
Seguín co traxecto.
“Homínidos 13 millóns de anos. Grandes caninos, esmalte fino”.
Repetía o mesmo patrón de presentación que a anterior. Detívenme a miralo un anaco, practicamente non vía moita diferencia co anterior.
-Podo sacar unha foto? Preguntei a nada. Decidín non facelo e seguir sen perder tempo algún co meu descubrimento.
“Homeomorfos; caninos potentes que sobre pasan o resto de dentes.”
Resultábame incrible que alguén, durante tantos anos fose capaz de conservar en tan boas condicións aquelo.
“Australopithecus: incisivos lixeiramente espátulados ;caninos robustos, con espazo de primate co bo desenvolvemento.”
Anotei na axenda do telefono a descrición, tiña palabras que descoñecía.
“Homo habilis 1,8 millóns de anos; redución de tamaño e grosor do esmalte.”
Estaba tan entretida que non me fixara que o fondo había unha porta cun cristal pequerrecho. A través del víase unha luz, coma dun faro, que ía xirando. Nela había unha placa cun escrito. Seguín ca miña travesía deixando para o final aquela misteriosa porta.
“Homo erectus 1.900.000-200.000 anos redución dental (tanto en tamaño como en elementos y complexidade).
-Que terá agochado esa porta? Rosmaba para os meus adentros.
“Homo antecessor; dentes de gran tamaño e os premolares están molarizados.”
-Se isto esta o alcance de todo mundo, detrás desa porta...
“Home de Neandertal; 235.000 -35.000 anos maxilares robustos.”
Pese a seguir lendo todas aquelas placas a miña atención agora estaba divagando intentando adiviñar que se escondía detrás da porta.
“Home Cro-magnon; 30.000 anos redución do tamaño dos dentes posteriores”
Decidín deixar a exposición para ir sanear a miña curiosidade. Achegueime con paso decidido. E pareime antes de nada a ler o que poñía aquela placa.



Parabéns no dia do arqueólogo familia Pérez
Gracias o voso dedicado traballo hoxe coñecemos o noso pasado, as nosas raíces e a nosa identidade.


O presidente do goberno
Pedro Sánchez

Mirei a través do cristal, aquel cuarto estaba repleto de miles de millóns de dentes metidos nun liquido e en tarros de cristal. Pitou o meu móbil, era o sinal de aviso, so me quedaba un 5% de carga. Escoitei uns pasos que se dirixían a abrir a porta dende dentro.
-Pes para que vos quero!
Empecei a correr con todas miñas forzas, pero o chegar o chan esvaradío as dúas pernas foron a par para diante e...

-Daniela, esperta filla. Foise a luz, quedaches durmida no chan.
Era a voz de miña nai, estaba a salvo.
  • Hits: 154