Skip to main content

Os meus amigos, os robots de CFR-324


O meu nome é Carolina e teño 13 anos. A miña vida era normal ata que un día cando saía do instituto, encontrei un robot. El era baixo con catro tentáculos a modo de pernas e dous brazos moi parecidos aos dos humáns. Cun torso rectangular, e unha cabeza cadrada, con pequenos telescopios nos ollos e cunha diminuta boca por onde saian palabras silabeadas. Fun cara el e pregunteille que facía aquí. El díxome que tiña moita fame e sede. Eu non tiña nada de comida así que decidín levalo para a miña casa. Polo camiño díxenlle que se quería vir comigo tería que estar calado e agocharse porque meus pais non podían sabelo ou senón botaríano.
Ao chegar agacheino na miña habitación. Cando rematei de comer, subín ao meu cuarto coas sobras, ninguén se decatara. Unha vez alí deille a comida ao robot e comezou a comer coma un tolo.
Eu pregunteille que facía aquí por segunda vez, el contestoume que o seu planeta, CFR-324 estaba sendo atacado por uns aliens. Pregunteille pola súa familia, e el contoume que era unha das máis destacadas do planeta, pero que nin sequera eles podían salvarse deses monstros, que só el puido salvarse de aquel pesadelo, xa que inventara unha máquina de teletransporte.
El viña aquí en busca dun refuxio, por un tempo, para logo volver ao seu planeta esperando que os aliens non o conquistaran. Falamos por horas e horas e fíxose de noite, os dous estabamos esgotados e entón quedamos durmidos ao instante.
Xa era un novo día. Eu estiven pensando toda a noite no que me dixo o robot e pensei que faría eu se fora o meu planeta e tracei un plan. Comenteille o meu plan ao robot, aínda que tiña algo de medo dixo que si.
O primeiro que tiñamos que facer era convencer a miña nai de que estaba enferma e non podía ir ao instituto. Fun xunto a miña nai e díxenlle que me doía moito a barriga e que non podía ir á clase. A miña nai creuno e deixoume quedar na casa. Subín a celebralo co robot.
O segundo paso era coñecer o noso inimigo. El díxome como eran, mentres eu facía un debuxo dos aliens na miña libreta, despois de varios intentos conseguimos dar co debuxo perfecto. Agora tiñamos que escribir pola parte de atrás todo o que sabiamos sobre eles. Os aliens eran altos con pernas largas e cos brazos todavía mais longos. Os seus torsos eran circulares ao cal estaba pegada a cabeza con forma cilíndrica onde estaban os seus tres ollos y grande boca. Eles eran terroríficos.
O terceiro paso era facer as nosas armas para acabar con eles. Collemos algo de diñeiro e fomos para a tenda. Ninguén se decataría, xa que os meus pais estaban no traballo. Compramos unhas bombas fétidas e algunhas cordas. Ao chegar á casa vestímonos e colocamos as nosas armas nunha mochila.
O cuarto e ultimo paso era chegar alá e acabar con eles. Collemos a máquina teletransportadora e fomos ao seu planeta, CFR-324
Os aliens eran exactamente igual cós do debuxo. Colocamos varias bombas fétidas no planeta e bum!!! todos os aliens marcharon do planeta e regresaron ao seu. E así vencerámolos.
Cando chegou a hora de irme foi moi triste pero sempre terei o teletransportador para regresar cando queira. Tamén me regalaron unha medalla para agradecerme a axuda. Despedímonos e volvín á miña vida normal.
A dia de hoxe non lle contei a ninguén sobre a miña pequena aventura, pero algún dia contareillo aos meus fillos e coñeceran os meus amigos, os robots.
  • Hits: 102