Skip to main content

O zoo

Había unha vez un neno nacido e criado na gran cidade galega: Vigo. Ese neno chamábase Xoán. A Xoán encantaballe os animais, adoraba pasar tempo con eles. A el dende ben neno non lle regalaban coches, libros, peluches… Non, a Xoán regalábanlle animais: cans, gatos, paxaros… El non tiña problema ningún relacionado co espazo, pois o cativo vivía nun chalé cun xardín inmenso. Sempre que viña da escola comía e pasaba toda a tarde xogando con eles.

Pero un día levárono ao zoo. Para el era incrible ver tantos animais de distintas partes do mundo xuntos nun só lugar á vista de aqueles curiosos olliños.

O zoo converteuse no seu pasatempo favorito. Sempre que tiña un oco ía alí a ver todos aqueles seres.

Un día cando Xoán tiña uns vinte anos e xa que acabara de estudar a carreira de biologo decidiu facer unha viaxe por toda España visitando os zoos máis famosos.

A viaxe durou un mes xusto e pasou por Santander, o País Vasco,
Madrid, Barcelona, Valencia… Foi marabillosa. Viu tantos animais de tantas partes do mundo…

El vía case sempre os mesmos animais en cada zoo, excepto algúns. Aínda que se atopou con 5 xabarís aproximadamente en cada zoo houbo algo que o fixo pensar: todos os cochos eran da mesma especie, pero xeneticamente todos eran distintos: uns tiñan os ollos azuis, outros tiñan marcas de nacemento, outros tiñan unha cor de pelo distinto… Iso era o que lle parecía entretido a Xoán. A idea de que no próximo zoo ía haber outro xabaril completamente distinto xeneticamente ao resto e que era capaz de facer algo que os anteriores non sabían.
  • Hits: 70