Skip to main content

Golfomusgo

Ola, son Ingrid e vou falar de como é o meu mundo fantástico. Golfomusgo ten unha característica, e esa é que este mundo non o atopa calquera persoa.
Soamente algunhas persoas poden velo, son as que nunca mentiron, porque este mundo está creado para boa xente, xa que ás veces a xente dá moito e non recibe nada; entón, este mundo é un agasallo para esas persoas.
O mundo é fantástico, con fadas, elfos, animais e moita natureza. Cando entres tes que escoller entre algúns superpoderes, para que o tempo que pases dentro sexa máis divertido.
Para entrar hai que dicir a palabra "amor" en voz alta e ti teletranspórtaste ao mundo. Os animais sempre amarán darche amor.
A xente que puido viaxar aquí é moi afortunada. Antes de entrar danche un mapa para que non te perdas. As árbores son grandes, verdes e normais, pero hai unha árbore no centro de Golfomusgo que é rosa, moito máis grande que as demais árbores: é a árbore cumpredesexos.
Cerca desa árbore hai un pozo de auga arriba dunha montaña onde se ve xenial o amencer e o atardecer. Arriba da montaña hai mesas para facer un picnic con amigos e hai xogos de mesa moi divertidos.
Se andamos un pouco para a dereita podes observar unha zona gamer chea de videoxogos; os que hai son Mario Kart, o Tetris, xogos de pelexa e os clásicos. Claramente tamén ten unha praza dedicada á comida, ten moita variedade de diferentes comidas de moitos países, e o máis sorprendente é que podes comer sen parar.
Eu entrei unha vez ao mundo e gustoume moito a experiencia, por iso quero que máis xente desfrute dese mundo.
Nada máis entrar ves un gran portal e unha garda cunha arma non moi perigosa, xa que non a necesita case nada. A garda saúdate e explícache como volver á Terra e o que podes facer nese mundo.
A mín díxome:
- Ola, benvida a Golfomusgo. Como estás?
- Non moi ben -respondín eu.
- Laméntoo, aquí podes facer o que queiras, desafogarte falando coa xente ou soamente relaxarte do verdadeiro mundo. Moita xente estará para axudarche a ti.
- Moitas grazas -dixen.



Cinco horas máis tarde…

- Xa quero volver, que é tarde, pero quedaría moito máis tempo -díxenlle á garda.
- Só volve dicir a palabra clave.

Despois de dicila volvín á miña casa e quedei moi feliz porque encontrei un lugar seguro. Isto significa que aínda que sexas boa persoa cos demais, e os demais non o sexan contigo, é mellor que sempre sigas sendo boa persoa sen temer nada, xa que nalgún futuro recibirás o que mereces.
Non debemos temer nada, e menos aínda o futuro; é certo que non sabemos como vai ser, pero non somos ninguén para dicir que vai ser peor que o presente. A xente chegou a brillar ao mundo, ninguén pode dicir que o futuro será bo, aínda que temos que pensar o mellor por nós mesmos; se pensamos tanto no malo, nunca desfrutaremos do que temos, temos moitas cousas que fan que sexamos felices e temos que agradecelo.
Mesmo os teus problemas teñen que facerte sentir orgulloso porque será un recordo que te marcará e axudará a crecer, madurar, cambiar... Un futuro con felicidade é algo que debes intentar encontrar ti.
  • Hits: 92