Skip to main content

O TEMPO EN AZULIA

O TEMPO EN AZULIA
Había unha vez uns irmáns, Antonio e Miguel. Eran xemelgos e tiñan 13 anos. Seus pais tiñan un traballo que requería moita atención,e, ás veces viaxaban a outros lugares. Nestas semanas os pais dos rapaces comentáronlles que tiñan que marchar para Madrid e que eles non podían ir xa que non podían faltar á escola. O día que se foron, chegou súa tía para coidalos durante as dúas semanas que se van. Ela tiña trinta e cinco anos, e non lle prestaba moita atención aos seus sobriños, polo que eles podían facer o que querían.
Antonio e Miguel estaban moi emocionados e contentos xa que só quedaban tres días para rematar a escola, e xa comezan as súas vacacións.
Pasados eses días, pola tarde, chegan Antonio e Miguel á súa casa, pero quedan moi abraiados cando abren a porta e ven que a televisión, o sofá, a lámpada, o radiador e os cadros estaban flotando.
Ao principio pensaron que eran visións, pero Antonio quixo comprobar isto e dirixiuse á cociña. Resulta que todo na súa casa estaba flotando, menos as fiestras e as portas. Estaban moi asustados e decidiron chamar a súa tía. Cando Miguel colleu o teléfono móbil e a chamou, comezou a escoitarse unha música no cuarto dos pais. Os nenos foron correndo para saber que pasaba e viron que o móbil da tía Xoana estaba tirado no chan. Deduciron que cando as cousas empezaron a flotar o móbil estaba enriba da cama e caeu.
O curioso é que nesa habitación xa non había cama. Comezaron a mirar nas outras para ver se cambiaran, e dividíronse para rematar antes. Unha destas veces foi Miguel mirar o cuarto de invitados e descubriu que había uns brillos intermitentes por toda a habitación; antes de alarmar o seu irmán, Antonio, decidiu seguir mirando por se era un reflexo da luz do Sol. Ocorréuselle baixar a persiana e así fixo. Uns minutos despois comprobou que non era ningún reflexo, senón uns brillos rechamantes, que non pertencían a este mundo, e chamou ó seu irmán.
Antonio quedou abraiado. Ocorréuselle tocalos, para ver o que sucedía. Había un brillo en especial que non se movía, polo que o palpou e sentiu que algo o estaba absorbendo; gritoulle a Miguel para que o amarrase porque tiña a sensación de que ía transportarse dentro daquel brillo, e él obviamente non quería. Cando Miguel o salvou, Antonio contoulle o que pasou, e decidiron amarrar unha corda á cintura dun deles e o outro quedaba suxeitando por se o brillo o absorbía.
Cando Miguel estaba a punto de ser comido polo brillo, comezou a gritar, e Antonio non podía máis, xa que a forza de absorción que exercía o brillo era demasiado forte para el. Nese momento déronse conta de que foi unha mala idea.
De súpeto o brillo absorbeu os nenos moi rapidamente. Os dous pasaron por canles que mareaban moito, pero despois, chegaron a outro lugar.
Un sitio con moita vexetación. Fixáronse un pouco e déronse conta de moitas cousas: os coches voaban, as casas eran distintas, edificios moi altos, duns trescentos sesenta e seis pisos de altura, básicamente rañaceos, pero alí parecía moi normal, xa que todos os edificios eran así. Pero o máis curioso e interesante eran as persoas. Contaban con dous ollos a cada lado da cara, e non tiñan nin cellas nin nariz e eran de cor azul.
As canles polas que chegaron a ese novo lugar desapareceron, polo que os nenos se alarmaron e puxéronse a buscar por toda a cidade. Estaba escurecendo cando se deron conta de que tiñan que encontrar un lugar para durmir. Foron polos edificios buscando, e nun deles encontraron a Xoana, súa tía.
Ela deixounos quedar alí o tempo que necesitaran sempre que encontraran a maneira de saír dese lugar. Xoana estaba moi desesperada por irse, porque se estaba transformando nunha persoa de alí. Tiña unha parte do seu corpo coma sempre, normal, e a outra con dous ollos, sen nariz e sen cella.
Nun mes, os nenos conseguiron encontrar un lugar con canles. Emprenderon a viaxe en canto puideron, transportáronse e chegaron de novo á súa casa. O primeiro que fixeron ao chegar á vivenda foi rociar un spray nos brillos, que fixo que desapareceran permanentemente.
Antonio e Miguel pensaron que seus pais xa estarían na casa, pero non. Entón decidiron chamalos, para saber se todo ía ben. Os pais enfadáronse moito xa que pensaron que os nenos lles estaban a gastar unha broma, porque resulta que só pasara un día, e os nenos aínda tiñan que estar coa tía nove días máis. O que pasou foi que no outro sitio o tempo pasaba máis rápido.
O sucedido decidiron, entre os tres, non contarllo a ninguén e así non habería problemas.
  • Hits: 93