A pedra marabillosa
Pedra marabillosa
O día que atopei a pedra souben que non se parecía a nada do que vira antes. Tiña unha densidade
perfecta e unha estrutura cristalina incrible.
A miña compañeira Xiana e eu non o criamos. Observabámola en silencio, como se en calquera
momento fose desaparecer. Iamos de camiño ao laboratorio para investigala cando me deu outro dos
meus mareos. Pensei que era o cansazo.
Xa no laboratorio comezamos a analizala. Aínda non sabiamos cales eran os seus compoñentes nin
como a atoparamos aquel hospital, se nunca ninguén vira un exemplar así. Pero estabamos seguras
dunha cousa: iamos descubrilo.
Entón entrou un home con bata branca no laboratorio. Non levaba luvas nin tocou a pedra en ningún
momento; nin sequera a mirou. Só me miraba a min e Xiana xa non estaba comigo.
Díxome que descansase, que levaba demasiados días sen durmir e que a miña percepción podía
verse afectada. Non entendía nada, ata que levantou un informe médico e dixo que a medicación me
estaba afectando e que os cálculos renais estaban a empeorar.
Aí entendín por que as fiestras do laboratorio tiñan reixas e por que na entrada poñía psiquiátrico.