Filantropía nómade
Ventela
Estendida xa a varíola por todo o territorio do Imperio Español en América e nas Illas Filipinas, a máis adecuada decisión á terrible emerxencia sanitaria, que está acabando con cantidades estrafalarias de vidas, será un plan de vacinación ao longo dos nosos territorios. Con el tratarase de frear esta catástrofe descomunal mediante a innovación proposta por Jenner hai cerca de sete anos.
Contaremos por suposto co apoio do noso monarca, Carlos IV, quen xa se vira afectado polas desgrazas desta estarrecedora enfermidade, tendo neste caso como consecuencia o desafortunado falecemento da súa filla.
Teremos á nosa plena disposición un equipo técnico do máis especializado, unha tripulación nas mellores condicións, un grupo de entre quince e vinte nenos procedentes de familias non estruturadas e que cumpren as condicións de atoparse nunha idade comprendida entre os oito e os dez anos e non ter sufrido a devandita enfermidade. Todos serán atendidos debidamente, xa que gozaremos da presenza da Reitora da Casa de Expósitos da Coruña, Isabel Zendal y Gómez, quen se fará cargo dos coidados que precisen os pequenos implicados –explicaba Balmis con determinación no discurso pronunciado o día vinte e sete de novembro do ano 1803 ante as autoridades presentes- .
Caderno de bitácora.
Entrada 1. Partimos dende o porto da Coruña a bordo da corveta María Pita con destino a Santa Cruz de Tenerife. Todo preparado para realizar unha expedición de innumerables éxitos que poña fin á catástrofe que se está a experimentar. As condicións non son sinxelas, dado que o barco non conta cunhas dimensións especialmente amplas, as distancias son xigantescas, o plan de vacinación require de gran meticulosidade e o medo e a incerteza son os fieis compañeiros de viaxe. Todos estes factores non frearán o itinerario, pois esta filantropía será levada a cabo con éxito, inmunizando a poboación de todo o arquipélago.
Entrada 71. Chegamos a un novo lugar, esta vez máis afastado: Porto Rico. Unha vez aquí, os acontecementos deron un xiro que para nada beneficiou os propósitos establecidos ata o momento. A pesar de contar cos apoios legais necesarios para levar a cabo a expedición, ao chegar a terra a realidade foi ben distinta, pois as autoridades do lugar desvinculáronse por completo, sumado isto a que a vacinación aquí xa se adiantara da man do doutor Francisco Oller Ferrer, o que supuxo o primeiro obstáculo para a expedición. A misión periga, pois só é posible saír cun único neno contaxiado da vacina cara ó continente.
Entrada 178. Afortunadamente, en Caracas a benvida foi moito mellor do esperado, así como o éxito da vacinación ao longo de Nova Granada, o que nos permitiu establecer un modelo que seguiremos ao longo de todos os nosos procedementos restantes. Porén, debido á aparición de gromos por todo o Imperio e ás dificultades sufridas, a decisión tomada foi a de dividir a nosa expedición en dous grupos. O meu tomará rumbo cara a México nun novo buque, o Rambli, e, máis tarde cara a Filipinas, mentres que o grupo liderado por Josep Salvany se dirixirá cara América do Sur. Non volveremos saber nada deles ata dentro de varios anos.
Entrada 408. Tras o rotundo triunfo en Caracas, chegamos ó Vicerreinato de Nova España, no que dera comezo a abraiante epidemia e que constituía a peza esencial deste crebacabezas. Ao igual que xa ocorrera en Porto Rico, a inmunización tamén se adiantara aquí, esta vez co doutor Lorenzo Bergés. A estancia aquí será rápida e pronto partiremos ás Indias Orientais.
Entrada 474. Chegamos ás Filipinas tras sufrir numerosos inconvenientes que perturbaron o noso benestar. Fomos vítimas dunhas fortes correntes que produciron a nosa desorientación, engadido isto ao derrame do noso sextante, o que fixo que a nosa posición empeorase notablemente.
Entrada 910. Chegamos a Acapulco de regreso a España. Recibimos noticias de Salvany. A ruta de América do Sur pasou por Colombia, Ecuador, Perú, Bolivia e Santiago de Chile, non sen superar tamén unha chea de dificultades. Sufrimos un naufraxio, perdendo Salvany case por completo a visión dun ollo; soportamos a climatoloxía extrema dos Andes, así como outras enfermidades e desafíos políticos ao longo da súa expedición, o que implicou grandes esforzos.
Os nenos e Isabel Zendal acabaron en México, onde se crearon as Xuntas de Vacinación para continuar coa inmunización de forma permanente.
Entrada 988. Chegamos a Lisboa, a empresa tivo un final feliz para uns e tráxico para outros; supuxo un grande avance na medicina, sendo a primeira campaña de inmunización a niveis globais. Tal éxito tivo que me acaban de informar de que foi recoñecida polo creador da vacina, Edward Jenner.