Genau
Corico
Aldara dicía que os pinceis non eran unha ferramenta de traballo, senón un terceiro brazo que formaba parte do seu corpo dende que tiña uso de razón. Como pintora, o seu mundo baseábase nas cores e na súa propia inventiva. Para ela, o mundo era un lugar de inspiración para a súa arte, onde só tiñan un oco o seu corazón e as brochas.
Estaba licenciada en belas artes e doutorada en creación e investigación en arte contemporánea. Adicábase á pintura, como levaba anhelando dende que era só unha nena. As súas obras, a miúdo eran presentadas en relevantes galerías de arte e vendidas a precios estrepitosos.
Era coñecida como “Genau”, minuciosa en alemán, pola súa grande habilidade detallista nos seus cadros. A súa precisión era inescrutable, as súas creacións destacaban polo seu pormenor, con pinceladas case milimétricas. Ata o día que todo iso cambiou.
Era un caluroso día de estío. Aquela tarde, o lenzo esperaba ansioso a ser rematado, tan só quedaban os detalles finais da que ela consideraba a súa mellor obra ata a data. Aldara contivo a respiración, somerxeu o pincel na espesa pintura xade e encamiñouse á súa zona de traballo.
Foi aí cando aconteceu. O momento no que comezou todo.
Antes de dar a primeira pincelada, a súa visión cambiou, non fora un mareo senón como unha especie de visión. Deixou de ver o seu corpo como un conxunto de pel e ósos. Veu a súa cidade celular en pleno funcionamento, como aqueles documentais que vía cando apenas era unha meniña. Veu os eritrocitos como furgonetas vermellas que transportaban o osíxeno a toda velocidade polas veas (como se fosen estradas) ata os dedos da man dereita. Asemade, algo fallaba na central eléctrica.
No profundo do cerebro, na substancia negra, situada no mesencéfalo, veu un escenario que a deixou abraiada. As estacións dos dopaminos tiñan unha densa néboa pola que unha pequena parte deles eran incapaces de poñer en marcha a motocicleta para levar as ordes de movemento de forma áxil e alegre. A comunicación cortábase.
O mestre gritaba dende o córtex – Rápido, enviade o sinal de recto! – mais parecía chegar con interferencias. A man, privada de dopamina fixo algo inesperado que non fixera en corenta anos; vibrou.
O pincel deu un trazo errático, deixando un manchurrón xade na tea. Aldara soltou o pincel, pero os tremores non se detiveron. Parecía que chegaran para quedarse, escalando a todo o brazo.
Non tardou en acudir a consulta, onde tras unhas probas lle detectaron unha enfermidade neurodexenerativa que ela cría ser da xente maior; o Párkinson. Non era quen de escoitar as verbas da doutora; cando entrelazaba as mans só “vía”: vía aos policías do sistema inmunitario cos seus casquiños brancos patrullando, con certo desconcerto as estradas baleiras de dopamina.
Ela mirou de volta as súas mans, púxolle nome ao seu problema e veu os “amargos tremores” como o que eran: o gran esforzo das neuronas sobrevivintes tentando arranxar algo sen solución. Aldara sabía que non tiña cura, pero si un tratamento que a axudaría durante un tempo. Non saíu devastada por ser detectada con unha enfermidade de tal peso a tan temprana idade como a maioría, senón con esperanzas e con ganas de disfrutar o máximo que puidese.
Saíu da clínica co cheiro a hospital aínda pegado á roupa e dirixiuse ata o estudo e veu aquela mancha que nun pasado pensou que arruinaría o cadro, deixouno tal e como estaba. Cría que non estragaba a obra, que de certa forma mostraba a súa nova realidade e que non tería por que tentar agochala.
Xa non servían as miniaturas, a precisión que formaba parte dela desaparecera; fronte á nova tea en branco mergullouse no funcionamento do seu corpo, veu como a cidade da substancia negra se somerxía na néboa onde apenas había visibilidade. Proxectou na súa mente ao mestre, agobiado, berrando ordes non escoitadas por un número máis reducido de dopaminos que traballaban arreo.
A protagonista abriu os ollos, colleu un pincel e comezou a pintar. Ela non tentaba ser precisa, tentaba representar o que lle acontecía: un gran círculo escuro, no que a luz se quedaba atrapada representando a substancia negra. Con amarelo pintou aos dopaminos, deixando que os tremores guiaran o trazo e, por último, pintou as interferencias, tal e como ela as visualizaba. Traducía un “erro de código cerebral” nun acerto ante a tea.
Ao rematar veu como, realmente a cidade non estaba perdida, que seguía resistindo ante a adversidade. Botou unha ollada á súa creación. Non debuxaba algo perfecto; transmitía un retrato do seu sistema dopaminérxico. Nese mesmo intre, como artista, comprendeu que todo cambiara e que tiña que darlle voz a súa natureza interna. Eses tremores comunican o máis importante: a arte da imperfección máis perfectamente artellada.