Skip to main content

O soño eterno

Carlos

Chámome Aitana e vou contar a historia do que me pasou.
O 12 de febreiro de 2037, un grupo de mineiros descubriu un gran bloque de xeo que contiña un enorme animal antigo con tres cabezas de T-Rex e corpo de dragón. Esta especie era nova e un descubrimento significativo para a historia.
O corpo foi entregado a unha organización de científicos que buscaban descubrir o pasado da Terra. O líder desta organización é o meu pai, e sempre me oculta todo o que acontece dentro dese edificio aparentemente inaccesible. Naquel momento da miña vida, compartía a ambición do meu pai: descubrir cousas novas e desentrañar a historia da Terra. Non obstante, non me deixaba axudalo coa súa investigación nin ensinarme nada novo. A vida con el é unha verdadeira loita; case nunca pasa tempo coa miña nai e comigo porque sempre está no laboratorio investigando algo.
A miña curiosidade polo que estaba a suceder consumíame, así que decidín ir ao seu despacho para descubrilo. O que atopei foi un diario. O problema foi que necesitaba a chave e non sabía onde a deixara. Xusto nese momento, escoitei pasos, e era el. Agacheime rapidamente nun armario e o único que fixo foi durmirse de esgotamento. Vin que tiña a chave nun colgante, así que a collín e abrín o diario.
Só conseguín ler "resurrección" antes de que espertase de súpeto e comezase a berrar coma un tolo. Saín correndo de alí para contarlle todo á miña nai. Naquel entón, eu só tiña sete anos e era unha nena teimuda e parva. Hoxe en día, descoidei todo iso. Paso todo o tempo estudando para os exames do instituto ou saíndo cos meus amigos.
Unha noite, cando estaba con eles, decidín contarlles a historia e preguntáronme por que abandonara a miña investigación sobre o que estaba facendo o meu pai, e eu simplemente non o sabía. O meu pai marchou de casa cando eu tiña nove anos e nunca volveu. A súa empresa pechou e todo parecíame demasiado estraño. Os meus amigos animáronme a descubrir o que pasara.

- Aitana, deberías ir investigar o que pasou en realidade -dixo Lucas.
- É verdade, comeza buscando o seu diario – falou Pedro.
- Vale, fareino -aceptou Aitana.

Cando cheguei á casa, fun ao seu despacho para buscar o diario, pero non atopei nada. Só atopei inxeccións etiquetadas como "soño frustrado". Pregunteille á miña nai sobre isto e díxome que o obxectivo era reprimir o meu desexo de saber a verdade. Enfadeime e marchei de casa.
Lucas, un dos meus amigos, suxeriu que, se este era o caso, todo o grupo debería ir ao antigo edificio da empresa do meu pai para descubrilo todo. Aceptei. Ao día seguinte, Lucas, Juan, Pedro, Carolina, Carla e mais eu decidimos ir á empresa. Cando chegamos, todo estaba en ruínas e destruído.
Carolina viu un ascensor cuberto de cascallos e decidiu manipulalo e entrar, só para descubrir que funcionaba. Decidimos dividirnos en dous grupos. O primeiro grupo, Lucas, Juan e Carolina, baixaría as escaleiras e Pedro, Carla e eu subiríamos. Cando chegamos ao último andar, atopamos unha mesa xigante coas palabras "Proxecto Resurrección do Rei".
Decidimos ler de que trataba. Tratábase de que o meu pai quería resucitar á besta, pero a súa propia empresa decidiu non facelo porque podería causar unha catástrofe global. Había unha carta debaixo destes documentos, que resultou ser do meu pai. Esta carta dicía que ía resucitar á besta e que virían tras del porque era o único que podía facelo, pero a súa curiosidade non lle permitiu resistirse, e fíxoo.
Mirei a Pedro, aterrorizada, e dixen:

- Resucitou á besta.

Inmediatamente despois, escoitamos berros dende abaixo e fomos ao ascensor para baixar, pero estrañamente, deixou de funcionar. Cando chegamos alí, había centos de cadáveres e esqueletos, e entre esa multitude, puiden ver a Lucas, Juan e Carolina mortos. Carla fuxiu, e a besta lanzoulle o corpo desmembrado de Lucas, polo que convulsionou de medo e morreu.
Pedro e eu quedamos sós e a besta decidiu mostrarse, tres cabezas de T-Rex e un corpo de dragón e abalanzouse sobre nós e, de súpeto, espertei nun hospital. Os médicos quedaron abraiados e comezaron a alegrarse, inmediatamente preguntei que pasaba e resulta que ía morrer de cancro e meu pai creou unha cura para salvarme, pero despois de darma quedei durmida e todo o que vivín foi un soño.