Skip to main content

Que é a existencia máis que unha consciencia

Corvo Mariño

E o ano 50.001 o meu nome e Anxo Estévez Lién capitán da misión Varda 5000 o
primeiro viaxe, que nos mergulla fora do noso universo para observar se e posible
achegarse ata unha singularidade que apareceu fai seis meses en “Finisera” o buraco
negro polo que orbita o noso universo e e tamén o que a vez evitou por millóns de anos
que sairamos del. Por o de agora foi imposible, intentamos de todo pero da o mesmo
pra onde vires ainda que saias por enriba ou por debaixo, esquerda ou dereita, na vía
Láctea o espazo revirase e sempre da a acabar no mesmo lugar. Todas as sondas que
mandamos desaparecen sen deixar nin rastro. Pero nestes últimos meses detectouse
unha anomalía no centro do buraco que cambiara todo. Unha sonda detectou unha sinal
que intrigou a toda a humanidade pois a mensaxe dicía en código morse: “Nunca
debestes chegar tan lonxe”.
Fun elixido entre moitos cadetes para esta misión e fareina con honra, moitos din que
e una misión suicida e que debería renunciar pero as súas lerias non me ian parar.
Fai tempo falei co meu pai sobre a misión, el tentou convencerme de paralo, díxome
que non paga a pena, arrepioulle que sexa tan cativo para ir morrer desa maneira,
penseino de verdade, considerei que desde neno sabía que ese era o meu propósito e
que a ciencia me honraría e alo menos porían o meu nome nalgún planeta, o meu pai
aceptou con desilusión e decidiu acompañarme na miña misión. Hoxe e o meirande
día, xuntos camiñamos ata a plataforma de despegue e nun intre xa estabamos no
espazo, saíndo da Plataforma Interplanetaria Universal.
Na terra pasou unha soa semana pero no horizonte de eventos pasaron vinte anos, nos
que estiveramos crioxenizados ata chegar a Finisera. O goberno dixéranos que a
conxelación era completamente segura pero son uns mentireiros; eu tivera sorte, o meu
pai levou o peor pois polas cámaras viuse como con tan solo un ano de viaxe unha
chuvia de asteroides impactou coa nave e a súa cápsula saíu despedida, debín haberlle
feito caso ao meu pai pero xa e demasiado tarde... continuarei coa misión.
Un día despois prepareime para entrar nese burato no Finisera do cal non sabía se
podería saír vivo ou sequera entrar. e cando o brillo do buraco negro se calmou
asombroume ver un planeta desértico dentro do burato negro que pegado as paredes
deste, e no centro un sol que emitía unha enerxía estraña e o que mais me intriga e que
mantense no centro sen caer a ningures.
O aterraxe foi moi sinxelo, case demais, comecei a camiñar, a temperatura, os niveis
de osíxeno e compostos no aire eran estrañamente ideais asi que sen nada que perder e
o traxe danado pola chuvia de asteroides decidín espirme e saír a explorar. Despois
dunha hora de camiñar examinando o paisaxe, dende o que se podería ver todo o mundo
con tan solo mirar arriba. Decateime dunha estrutura que semella un altar, ao subir
atopei un circulo vermello e mirei ao sol que tanto me inquedaba dende fai tempo pois
desprende un lume que dame calafríos.
Mirei ao meu redor, este planeta e semellante a terra antes de que a engulira o sol fai
milleiros de anos pero a diferenza e que estaba erma. Sen esperanza de súpeto sentín
unha forza inexplicábel que me empurraba cara ese anel vermello, so foi pisalo e
comecei a levitar sen explicación, afastábame do chan cada vez máis rápido,
amedrentado achegábame ao sol e tentei gritar pero ninguén escoitou, a piques de
chegar ao astro rei de Finisera este comezou brillar cada vez máis forte ata que non
puiden ver nada. Abrín os ollos outra vez e quedei abraiado ao ver ao meu pai tentei
falar, pero non tiña boca, cunha mirada serena miroume aos ollos e contoume a
“realidade”: comezou explicando quen eramos; eu, unha alma destinada a vivir e ser
cada ser vivo dende o inicio ata o final dos tempos eu fun e sou todos e esa e a miña
realidade, e el, e unha entidade cosmica que dedicase a observar e nos encontramos
cada vez que morro.
Díxome que chegou o momento do final pois a humanidade nunca deveu vivir tanto
dado que Finisera e o punto final e a singularidade a marca da morte mellor dito que
Finisera xa implosionou marcando o fin, el so tomou o corpo do meu pai para estar
presente comigo no final da humanidade. O último que me dixo foi que non estivera
triste pois isto no e un final so o comezo dun novo universo e polo tanto de unha nova
vida pra min.