Sé mente.
MolGas
O meu avó Manolo tomaba todos os días dúas pezas de froita despois do xantar; ás veces eran tres, dependendo de como fora a mañá.
Logo de bullalas cun coitelo grande e de mango negro exclusivo del, sempre gardaba unha a unha as sementes no seu pano de tea. E de alí, pasaban ó peto do pantalón, o cal a miña avoa case sempre lle recriminaba que estaba marrán.
Cun complexo case polinizador —supoño que por iso lle gustaban tanto as abellas, algo que me contaxiou— dispersaba polos eidos que traballaba aquelas sementes que conseguiron superar as probas de cada tarde: subidas e baixadas do catro latas deica o solpor.
A día de hoxe paseo coa Purita os sendeiros ao chou, polos que cada vez temos que ir máis a modo. Cando nos sentamos nun penedo para coller forzas, sempre cavilo que aquel xesto que de mozo me parecía insignificante, agora ten todo o sentido.
Así a todo, existe un desaxuste fenolóxico: ese “divorcio térmico” que fai florecer no baleiro sen o compás das abellas, asociado a cambios de patróns estacionais alterados polo quecemento global. Esta desorientación desemboca nun severo estrés metabólico, onde a árbore activa unha maduración forzada para salvar a semente. Neste proceso, a aceleración enzimática degrada pectinas e ácidos antes de que os azucres e aromas complexos poidan chegar dende as follas. O resultado é unha drástica perda de calidade organoléptica. Un espello claro que reflicte a nosa sociedade das présas.
Ás veces semella que estamos atrapados nunha carreira constante de probarnos que somos capaces, ansiosos, anhelosos, querendo chegar a unha meta que ninguén sabe ben cal é.
Non podes apurar á semente para que sexa árbore.