Científica de corazóns
Corazón metódico
Margarita puido ser unha científica brillante, mais naquel tempo decidiu ser nai. Dotada dunha intelixencia sublime e unha memoria privilexiada, abandonou cedo os estudos para dedicarse aos coidados da familia. Instruída en colexio de monxas, casou con vinte anos e dedicou a súa vida a casa e a crianza das súas fillas. Margarita non tiña títulos universitarios, pero era experta en amor incondicional.
Un bo día, con sesenta anos, decatouse de que a ciencia e o amor tiñan un camiño común. Cantas veces no colexio estudara as fases do método científico, pero ata aquel momento, non reparara na devandita conexión. Hai persoas que se namoran da investigación e persoas que se namoran doutras persoas. Incluso hai quen logra vivir nesa conxunción de ciencia e amor. Margarita pensou que para as mulleres da súa época non era doado e, polo que vía ao redor, seguía sen selo para as novas xeracións. Esa famosa palabra que a diario aparecía nos medios de comunicación: conciliación. Foi entón cando colleu lapis e papel e comezou a facer anotacións.
O primeiro paso en calquera investigación é a observación. Margarita pensou que cando nos namoramos dalguén, facémolo a través da vista. Aínda que hai outros sentidos importantes, a realidade é que o aspecto dunha persoa é o primeiro que vemos, e así preferimos coñecer o guapo antes que o feo. A ciencia marabíllase ante a beleza da natureza e no namoramento, digan o que digan, xulgamos cos ollos. Margarita caeu na conta de que as persoas investigadoras e as que están abertas ao amor teñen unha particularidade: miran a natureza e os corazóns dos outros con curiosidade. E fanse preguntas, o resto de persoas son cegas a eses detalles.
Trala observación, vén a fase de busca de información. Esta basease, nunha investigación científica, na lectura de publicacións para coñecer o estado da situación. Na investigación amorosa, tamén indagamos sobre esa persoa: procedencia, idade, estado civil... Iso que na súa época se facía boca a boca e agora se fai a través das redes sociais. Margarita pensou que con Internet a información é mais accesible ca nunca, na investigación científica e no xogo do amor. Marcou esta fase como crucial, xa que se descubrimos que a persoa non está dispoñible para unha relación amorosa, seguimos buscando outros peixes no mar. Nunha investigación científica, se a pregunta non vai a ningures, mellor é reformular.
Trala procura de información, chega a fase de experimentación, onde é preciso testar a hipótese de investigación, que no caso do namoramento podería ser “terei unha relación de parella con X persoa”. No xogo do amor, os experimentos de laboratorio son substituídos polo contacto co suxeito que chamou a nosa atención. Antes escribíanse cartas, agora a xente manda emoticonos de lume polas aplicacións. Margarita pensou que os sentimentos da outra persoa son unha variable moi difícil de controlar e que a tecnoloxía mudou por completo o xogo da sedución. Instantáneo, sen esperas, todo o contrario ao proceso dunha investigación.
Tralo paso polo laboratorio ou polas aplicacións, ven a fase de análise de resultados. Se a persoa se amosa receptiva, poderemos validar a nosa hipótese de investigación. “É posible que o sentimento sexa recíproco”. Se non responde, teremos que desbotar a devandita hipótese, o mais seguro e que non lle interesemos. Margarita anotou que a falta de resultados tamén é un resultado e un silencio, debe levar a unha conclusión. Aínda que un corazón roto non se repara tan facilmente coma unha hipótese de investigación.
Finalmente, Margarita caeu na conta que o coñecemento e o namoramento dunha persoa teñen un aspecto en común, e é que queren ser compartidos. O coñecemento chama polo coñecemento e o amor chama polo amor. Por iso, ven a derradeira fase de toda investigación: a publicación de conclusións. Mentres que as persoas investigadoras deixan constancia dos seus descubrimentos en revistas científicas, as namoradas adoitan compartir a súa situación sentimental. Antes cos amigos e cos diarios, agora nas redes sociais. Margarita pensou que libres ou comprometidas, as persoas reinician neste punto un novo ciclo de investigación: soidade escollida, nova procura de parella ou inicio dunha relación.
De súpeto, Margarita fixo unha bola co papel e tirouna ao lixo, pensou que todo aquilo eran divagacións. Ela nunca podería cambiar a vida de ninguén coas súas investigacións. Pero unha das súas fillas recuperou as súas notas, compartiunas e puxo en valor a xenialidade da súa nai. Sen título ningún, Margarita establecera unha analoxía perfecta entre o método científico e o amor. Coma tódalas nais, era unha científica de corazóns.