Skip to main content

GUSTARÍAME TRIUNFAR

Carmiña

Dende nena tiven unha gran paixón pola ciencia, mais concretamente polos descubrimentos e desafíos. As nenas e nenos da miña clase chamábanme “ Carmiña a triunfadora” coa intención de humillarme e baixarme o ánimo. Nunca lle din a suficiente importancia porque ía facer todo o posible por cumprir os meus soños e ser coñecida.
A miña paixón naceu grazas a miña avoa Encarna, unha antiga pero coñecida científica do 1980 co seu propio laboratorio. Ela comezou a levarme cando cumprín tres anos porque sempre desexou que seguise os seus pasos, a diferenza dos meus pais, quen consideraban que aquilo era un simple pasatempo e non unha oportunidade de contar cunha referente.

Cando comecei o instituto fai uns 15 anos, íame moi ben en xeral en todas as materias pero sen dúbida gustábame moito mais bioloxía xa que grazas a ela podía ir de vez en cando ao laboratorio sen que os meus pais se queixaran. No meu segundo ano xa tiña física e química polo que xa ía todos os días ao traballo da avoa e os meus pais xa estaban mais a favor. Debido ao meu interese, os profesores decidiron levarme a unha feira da ciencia organizada pola xunta, quedei no segundo posto con moito orgullo e esforzo, presentei un semáforo que medía o son dun espazo pechado. No meu terceiro ano todo veu costa arriba, a miña motivación morreu case ao completo. Ao rematar verán a miña avoa detectáronlle cancro pulmonar e estivo ingresada todo o mes de setembro.
Enseguida os profesores detectaron que algo pasou nese lapso e intentaron volver a integrarme ao grupo cun fracaso total. Ao chegar novembro as súas esperanzas eran mínimas e preferiu a eutanasia, rompeume o corazón escoitar iso da persoa que sempre animoume a loitar ata o final. O día da despedida chorei como nunca, non tiña o valor de aceptar que non a volvería a ver, cando estiven a soas con ela vin o débil que estaba e como desgastaba o seu último alento en dicirme que nunca me rendese, que si quixera seguir os seus pasos ela íame a guiar dende o ceo e que tiña moito potencial para ser incluso mellor ca ela.

A día de hoxe son coñecida por crear un xemelgo dixital coa mellor computación cuántica do sur de Europa en Santiago de Compostela. Din un cambio absoluto a sanidade mundial cun escáner do corpo humano en formato 3D que detecta todos os motivos das doenzas, futuras enfermidades e incluso ata canto vas medrar.

Nunca me rendín nin o vou facer xamais.