Híbridos
Pepe Rodríguez
Había unha vez un científico alcumado Pluscuamperfecto, que tiña un can, Firulais.
El quería crear dinosauros mutantes radioactivos con armadura, cunha super tecnoloxía de láseres. Foron buscar ósos de Tiranosaurus Rex, de Velocirraptor, de Espinosaurus e de Gigantosaurus para crear dous espécimes como os que desexaban, mesturando eses dinosauros desexados.
Creou os híbridos: Indominus Rex, que e a fusión entre T-Rex e Velocirraptor, e o Gigaspinus, que é a fusión entre os outros dous dinosauros, e fíxoos radioactivos. O Indominus conseguiu púas e garras retráctiles e velenosas, e o Gigaspinus conseguiu aumentar o ataque e a forza da mordida. Despois puxéronlles as armaduras e fixéronos pelear. Gañou o Indominus con diferenza e puxérono de garda na porta, así Firulais podía durmir na casa co seu dono.
Ao final Firulais e o Indominus fixéronse amigos e mataron a Pluscuamperfecto por maltrato animal e dinosauril.