O día que todo cambiou
Andycita
Cando vin o que resultou ser a nova maxia, souben que todo cambiara.
Remontámonos ao 5 de novembro, cando xa levabamos case dous meses de clase. Comezou a
clase de física e química a última hora, xa estábamos moi cansos, pois o día fixérase pesado.
Silvia, a profe, asomouse pola porta e exclamou que iamos ao laboratorio; todos nos
alegramos despois de oír esa frase, sentiuse como a luz ao final do túnel. Nós, dispostos,
marchamos cara ao laboratorio, pero o que non sabiamos era que todo ía cambiar nesa clase.
Silvia comezou a explicar a práctica que tocaba facer, esta vez era de mesturas. Todos a
mirabamos con moitísima atención, pois cun simple mal paso, todo podería saír mal. Colleu
dous voluntarios como encargados de axudala: María e Pablo.
Comezaron pesando primeiro o principal compoñente, de seguido pesaron o segundo pero
cunha menor cantidade, e xa para rematar mediron os líquidos necesarios. Silvia pediu que
todo o mundo se fixara ben no que ía suceder, a profesora mesturou todos os compoñentes,
cando agregou o ultimo tardou só 3 segundos en saír disparado polo pescozo do matraz, unha
especie de escuma azul e branca, todos quedamos abraiados co que sucedera.
Pablo fíxolle unha broma a María, colleu co dedo índice un pouco de escuma e púxolla no
nariz, ela un pouco enfadada respondeulle do mesmo xeito, e liscou cara a outro sitio; o que
Pablo non sabía era que con aquela escuma, el, só el, podería crear a nova maxia, e el mesmo
íase converter no novo mestre dela.
Continuou a clase con normalidade, e soou a campá que indicaba o final do día escolar. Pablo e
Lois, que vivían moi preto, ían camiñando ata a súa casa, e mentres as risas non faltaban Lois
sacou o tema do experimento que fixeran a última hora, os dous pasárono moi ben facéndoo,
e sobre todo gustoulles moito.
Xa por fin cando chegaran a cadansúa casa, Pablo xantou e de seguido fixo as tarefas que traía
do colexio. Ao rematar, Pablo decidiu indagar sobre máis trucos de maxia; el era un neno ao
que lle gustaba moito a maxia dende pequeno, e sempre estaba a facer trucos; pero sentiu que
algo non era como antes, pois no medio dun truco que xa sabía dende pequeno foi capaz de
facer unha cousa impresionante, algo que ninguén conseguira facer en toda a historia da
maxia.
Sorprendeuse moitísimo, e repetiuno varias veces para comprobar se non fora casualidade;
pero non era casualidade, así que saíu a rúa e mercou a libreta máis bonita que atopou, e axiña
regresou á casa para anotar o que aprendera. A súa gran pregunta foi: como puido pasar iso de
súpeto?
Xa á noitiña, na cama, cando estaba a piques de durmir, despois de estar dándolle voltas ao
que lle puido dar ese novo don, a súa intuición e a súa única resposta dixo que fora o
experimento que fixera na clase de física e química, pois non había outra cousa posíbel que
puidera ocasionar aquilo que lle sucedeu.
Ao día seguinte, inda que estaba moi emocionado, calou o que lle sucedera o día anterior na
súa casa. Aínda non estaba seguro, e se iso era verdade, non o quería dar a coñecer
contándoo, quería aproveitar esa pequena oportunidade, que podía converterse na máis
grande de toda a súa vida.
Ao chegar á casa xantou a toda presa, e cando aínda estaban todos na mesa, foi correndo ao
seu cuarto e colleu un par de cousas para ensinarlle a súa familia o que descubrira o día
anterior. Ninguén cría o que o neno dicía que podía facer, pero todo cambiou nun intre, cando
a súa familia viu o que era capaz de artellar. Todos ficaron abraiados, aplaudiron e
preguntáronlle como conseguira facer aquilo, pero el só respondeu:
- Maxia, pura maxia; e á parte diso, ningún mago revela os seus segredos!
Así que como el pensaba que contalo de palabra sería moi aburrido, fixo un vídeo e colgouno
nas redes, e en só dúas xornadas conseguiu dar a coñecer o que días atrás conseguira facer
grazas a aquel experimento na clase de física.