Skip to main content

O longo bucle de dez segundos

Marcos Vázquez Vásquez

Hai moito tempo, noutra realidade, un equipo de científicas e científicos moi intelixentes fabricaron una máquina para viaxar no tempo e chamárona a Gran Fénix Primeira. Levoulles moito tempo, case cincuenta anos, pero ao final conseguírono.
Chegou o día de estrear a Fénix e estaban transmitindo todo en vivo, xente de todo o mundo estaba vendo a televisión nos seus fogares, nos bares e incluso os vagabundos estaban escoitándoo todo pola radio. Logo de aproximadamente trinta minutos de anuncios, empezou a transmitirse o programa; primeiro todo estaba escuro, logo empezaron a prenderse uns focos e despois toda a sala iluminouse e uns científicos anciáns apareceron pola dereita.
O equipo científico presentouse e logo aproximáronse a un panel de control no que empezaron a tocar un montón de botóns. De súpeto, una gran máquina no centro da sala empezou a menearse, botar fume e a facer ruídos metálicos e os científicos explicaron que grazas a esa máquina por primeira vez a humanidade podería viaxar no tempo, aínda que de momento só se podía viaxar dez segundos para atrás.
Había xente que non estaba de acordo con viaxar no tempo por varias razóns, pero como a maioría si quería, decidiuse que si se levaría a cabo o experimento. Empezou unha conta atrás de dez segundos, por cada número que pasaba a xente poñíase máis nerviosa e cando a conta atrás rematou... a maquina estoupou e fíxose anacos!
Todos os científicos morreron menos un, Manuel Carrascosa, que tiña medo do que puidera suceder e que se agochou detrás dunha columna. A xente estaba aterrorizada, acababan de presenciar una traxedia moi grande cos seus ollos, nenas e nenos choraban e berraban, as persoas adultas tapaban os ollos e as mascotas... as mascotas non tiñan nin idea de que pasaba, pero aínda así estaban asustadas.
O científico que sobreviviu saíu a duras penas do edificio e cando chegou á saída desmaiouse. Tiña os dous brazos rotos, tiña queimaduras de terceiro grao e perdera a capacidade de escoitar. Uns anos máis tarde Carrascosa empezou a esquecer as cousas, el pensou que antes de que perdera a memoria por completo, debía escribir un plano de como reconstruír a máquina do tempo. Entón púxose mans a obra, estivo dúas semanas e tres días escribindo o plano ata que se deu conta de que esquecera un paso esencial; intentou recordar pero non foi capaz, entón tivo que publicar o plano coma estaba. Uns días mais tarde alguén descubriu o paso que faltaba e con algúns dos seus amigos púxose a reconstruír a máquina.
Esta vez non tardaron case cincuenta anos porque como xa tiñan os planos só tiñan que seguir os pasos, era como armar un set de Lego. Cando a remataron, chamárona a Gran Fénix Segunda e volveron transmitir a súa estrea na televisión, como fixeran os científicos no pasado, pero esta vez estaban preparados, e a máquina estaba encerrada nun material case indestrutible. A xente tiña medo de que se repetira o mesmo do pasado pero esta vez revisaran todo e estaban seguros de que nada podía saír mal.
O científico, xunto cos seus amigos, dixo que coa Fénix Segunda ían retroceder dez segundos no tempo e que esta vez, en verdade ía ser a primeira vez na que a humanidade viaxara no tempo.
Empezou a conta atrás, de dez segundos, esta vez a xente tiña medo e recordaba a traxedia coma se fora onte. Cando a conta atrás rematou, una luz branca e brillante cubriuno todo e cando a luz se esvaeceu, todo retrocedera dez segundos.
Funcionara, aínda que non da maneira que a xente quería, porque como retrocederan dez segundos, volvían estar no mesmo momento no que estaban hai dez segundos. Entón o marcador empezou a conta atrás de novo, cando pasaron os dez segundos a luz branca e brillante volveu cubrilo todo, e todo volveu estar como estaba dez segundos antes.
O marcador volveu comezar, volveu rematar, a luz branca cubriuno todo, o marcador volveu comezar, e estivo así infinitamente, todo estivo nun bucle de dez segundos para sempre: o bebé que acababa de parar de chorar volvera empezar a chorar; a mosca que acababa de esmagar un home estaba voando outra vez no mesmo lugar que antes; o home que acababa de esmagar a mosca estaba outra vez no sofá tratando de esmagala...
O bucle de dez segundos nunca parou, e conta a lenda que nunca parará, e seguirá así ata o infinito, unha e outra vez para sempre.