pivote celeste
Su Hui
Chegas a Ortigueira nun día sen data. Novembro, quizais. Un mes de ida e volta. Traes dúas maletas e un telescopio que non desembalas. Desembalalo sería admitir que vas quedar, e quedares significa que Carme está tan mal como che dixeron.
A casa está ao cabo da vila, preto do esteiro, onde a ría de Ortigueira decide abrirse cara ao mar cunha especie de rendición que non é derrota. Sabes que Carme mercou ese piso polas vistas. De nenas xogabades a ser sereas alí.
Entras sen saudar, ela está sentada diante da fiestra. Non se volve. Di o teu nome, Iria, como quen comproba que algo segue no seu sitio.
Pousas as maletas. Pasas un brazo polo ombreiro de Carme, notas a carne que lle falta. Mirades xuntas pola fiestra. Estades xuntas, mais a luz da tarde fai cousas co esteiro que non saberías explicar sen unidades astronómicas.
Estableces unha rutina. De día: no almorzo, os medicamentos contados, doas dun rosario laico. Algo de ioga mentres ti les en voz alta. De noite: o paper e o caderno amarelo. As notas que xa non son notas de investigación senón outra cousa.
No paper o teu nome vai de penúltimo. Di que es experta en cúmulos globulares, remuíños de estrelas vellas que orbitan nos arrabaldes das galaxias como quen non acabase de marchar da festa. «Cúmulos estelares trazadores da historia da acreción da Vía Láctea».
Vedes algunhas series, «de crimes, por favor», charlades, rides daquela vez que, limpas o areeiro do gato, cociñas e a levas no coche á quimio. No traxecto de hai uns días cóntache algo que pode interesarte: «Unha muller da China do século IV, bordou un poema sobre seda rosada». «E que ten de particular? Conservouse?»«Son 840 caracteres dispostos nunha grella cadrada que se podía ler en miles de combinacións: en espiral, en diagonal, cara adiante, cara atrás..»
—Como se chama?
—Chamouno Mapa do Pivote Celeste. Din que era ao mesmo tempo unha carta de amor ao seu marido, lonxe e con outra, e un instrumento de medida. Non lembro o nome da poeta, no podcast dicían que o pivote do título, Xuánjī Tú, eran dúas estrelas da Osa Maior e tamén o eixe da esfera armilar.
—Como se o texto fose a rotación das estrelas…
—Que?
—Nada, colle a chaqueta, que vai fresco.
Comezas a escribir doutro modo. Non no paper, aí debes seguir unhas pautas. No caderno amarelo, pola contra, fas versos que se len en calquera dirección.Non palindrómicos: reversibles. Poemas onde a última estrofa volve cara á primeira cunha luz lixeiramente distinta, como a mesma paisaxe na aurora e no luscofusco, que é a mesma e non o é. A da infancia e a da madurez. A de setembro e a do solsticio de inverno. Tes que revisar o paper dos cúmulos pero escribes sobre o carbono. Sobre iso de que a materia dos corpos pasou primeiro por estrelas que morreron, que fomos luz antes de ser isto, este amor torpe e insoportábel. Non, non escribes iso. Escribes sobre o carbono.
No solsticio Carme deixa de levantarse para as comidas e ti moves a mesa ao dormitorio sen dicir nada. A luz de inverno nas Rías Altas ten algo de cuarzo, de tempo que se detén e se mira a si mesmo. Non é triste. É exacta de máis para ser triste.
Unha tarde ela pídecho. Le.
Les os versos das estrelas antigas. Os versos da gravidade como a forma que ten o espazo de lembrar que algo estivo alí. As citas dunha poeta astrónoma que che inspirou, Rebecca Elson. Non che treme a voz porque les como quen fai unha medición: con precisión, sen engadir o que non está. Ela escoita cos ollos pechados.
—Non entendo moito. Pero soa como se houbese sitio.
Non respondes. Escribes iso no caderno esa noite, só iso, un dato dun cúmulo globular, obxectos de miles de millóns de anos: soa como se houbese sitio.
Hai unha madrugada en que notas a respiración de Carme volverse lenta. Como quen resolvese un cadrado cheo de pasos, de miles de camiños posíbeis. Cansa. O esteiro abaixo, negro e quieto. E ti, caderno aberto nunha páxina en branco, o baleiro tamén se pode ler en 841 combinacións, o baleiro é tamén un pivote.
Ao día seguinte desembalas o telescopio.
Non porque a esperanza teña solución espectral, liñas de absorción, frecuencias medibles. É de noite e a noite é excepcionalmente clara para esta época do ano, e Ortigueira dorme, e o cabo Ortegal está ao noroeste como sempre, e os cúmulos globulares orbitan nos arrabaldes da Vía Láctea, vellos e teimosos e extraordinariamente vivos.
Observades durante horas.
Non sabedes onde remata isto nin onde empezou.
"Mirando ao lonxe, o espírito sutil comunícase ás claras,
o dragón sagrado a galope como un relampo fuxitivo,
só o tempo e os anos son distintos,
o sol branco desprázase cara ao oeste,
a luz medra aos poucos."
Carme toquenea, xa cansa, recoñece o que les.
—O carácter central dese mapa é o corazón.