Skip to main content

Que é Inspiraciencia?

Un concurso de relatos e vídeos de inspiración científica


A creación literaria e artística como forma de achegamento ao pensamento científico

Inspiraciencia é unha iniciativa que relaciona ciencia e escritura dun xeito lúdico, un espazo aberto para pensar e imaxinar a ciencia desde a ficción. O seu obxectivo é fomentar un achegamento ao pensamento científico, de forma libre e persoal, a través da creación literaria, e explorar realidades antes non imaxinadas.

En cada edición concrétase unha temática especial arredor das artes e as ciencias. Nesta ocasión, o concurso incorpora unha mención especial dedicada á danza como innovación. Esta categoría busca recoñecer propostas que integren a práctica artística con procesos de investigación, así como a transmisión de resultados científicos a través da linguaxe do movemento.

Consulta as bases do concurso.

INSPIRACIENCIA

Modalidade

Pódense presentar relatos científicos cunha extensión máxima de 800 palabras.

O profesorado que fomente a creación de relatos na aula tamén pode optar ao Premio de Ciencias e Letras.

Como novidade nesta edición, ademais de relatos, pódense enviar vídeos de danza de inspiración científica dentro do Premio Especial de Danza.


Categorías

O concurso, tanto de relatos como de vídeos de danza, ten dúas categorías: adulto (a partir de 18 anos) e mozo (de 12 a 17 anos).

INSPIRACIENCIA

Linguas

Os relatos poden estar escritos en galego, catalán, castelán ou éuscaro.