HISTORIA NUNHA LATA DUN MERCADO
A nena do Calvario
A principios do ano dous mil vinte, nun mercado de segunda man, merquei una latiña chea de cartas. Contan unha historia triste.
Orange, New Jersey, domingo 3 de marzo de 1918
Prezado soldado Henry:
Hai apenas un mes inscribinme como madriña de guerra e hoxe recibín a súa carta. ¿Sabe?, dubidaba se tiña algo que ofrecer ós heroes que loitan pola paz e a xustiza tan lonxe do fogar.
Se é do seu interese, por suposto habemos manter unha relación epistolar. Contareille da miña vida, do meu traballo na United States Radium Corporation e o que aquí fago, e tamén da miña sinxela vida aldeá. Oxalá, deste xeito, acade por uns intres afastar ós demos que poboan as trincheiras.
Reciba a miña máis sincera admiración,
Grace Fryer
Trincheira de Meuse-Argonne, sector de Verdún, martes 26 de marzo de 1918
Prezada señorita Grace:
Chega ata min a nova de que acepta ser a miña madriña de guerra. Non sei se vostede pode imaxinar o que supón manter correspondencia cunha muller do meu país nestes días tan aciagos.
Saberá que estou no 369º rexemento, como Forza Expedicionaria Estadounidense na Fronte Occidental francés. As condicións de vida que sufrimos día tras día nas trincheiras son tan penosas que o desacougo empeza a aniñar na nosa alma. Loitamos cada día contra a morte, a lama, o sono; a fame e a sede; o medo e, por riba de todo, a dor física e mental. A vida aquí é o máis semellante ó inferno.
Non boto man a esta pequena descrición das nosas condicións para que a súa resposta sexa a mágoa. Máis ben tento xustificar a grande necesidade de contacto con alguén que permaneza nunha vida semellante á que coñecín en Albany hai xa unha eternidade...
Teño que rematar, volvemos á loita...Por favor, cónteme de vostede...
Queira Deus noso señor que poida tocarlle o corazón e ter novas súas ben pronto. Reciba os meus respectuosos saúdos,
Henry Johnson
Orange, mércores 17 de abril de 1918
Admirado Henry:
Agardo que estas letras o atopen ben. Fáiseme duro ler algúns fragmentos da súa carta e saber como sofren nese lugar. Recemos para que a fin desta terrible contenda estea preto e poida regresar.
Voulle contar cousas de min, como me pide, para distraelo un pouquiño. Teño dezanove anos e traballo na United dende hai un ano. Gústame: precísase de habilidade, é esixente, pero tamén danos momentos de diversión. Na miña sección encargámonos de pintar, maiormente, esferas de reloxos que brillan na escuridade. ¡Quixera que puidese contemplar o fermosas que son! ¡Semella que unhas fadas brillantes están a danzar tras do cristal!
Pode que teña atopado algún dos nosos reloxos no tempo que leva en Francia, na empresa dinlles “reloxos de trincheira”. A pintura que empregamos é luminescente porque ten radio, tanto que ata nós brillamos cando marchamos para casa.
Cando temos un intre, xogamos a pintar as unllas e os dentes con ela e presumir un pouquiño, non é perigosa. ¡Debería vernos, botando uns bailes ás escuras cal pantasmas luminosas! ¡Cousas de nenas!...
Noutra ocasión contareille máis da miña vida, non quero aburrirlle. Envíolle unha fotografía que me fixeron na feira, así me coñece.
Desexando de corazón que non sufra ningún dano e manteña viva a esperanza,
Grace
Trincheira de Meuse-Argonne, luns 3 de xuño de 1918
Miña querida señorita Grace:
Escríbolle, nun momento no que non se escoita nin á artillería nin os disparos das metralladoras, para contarlle que a pasada noite durminme soñando con vostede e a súa compañeiras: danzaban ó noso redor como estrelas que caeran nesta terra no canto das bombas.
Foi a primeira ocasión en que soñei algo bonito. Ca noite chega sempre a angustia. Nas tardes semella que, sen pretendelo, pactamos unha tregua, pero a escuridade aquí só trae terror. Veñen avituallamentos e novos camaradas, pero tamén a morte. Este lugar comeza a parecerse cada vez máis a un camposanto. As veces, convivimos días enteiros cos cadáveres dos compañeiros que son a nosa familia aquí.
Non podo continuar escribindo, hoxe dóeme a alma...
Prégolle me mande novas axiña, as súas palabras son de gran consolo nestes días desolados.
O seu amigo,
Henry
Orange, mércores 31 de maio de 1918.
Querido Henry:
Levo semanas de angustia, non deixaba de pensar que morrera. Ata que caeu nas miñas mans o New York World e souben da súa heroicidade e que estaba ferido. Agardo a súa pronta recuperación e, para mostrarlle o meu cariño, envíolle este reloxo, feito no noso obradoiro para que, nas súas noites, o acompañen as fadas.
¡Cúrese, por favor, Henry!
Ata pronto, amigo querido.
Estas son todas as cartas que teño.
Souben que Henry sobreviviu á guerra.
Grace perdeu a súa. Morreu, nova e brillante. Foi unha das tristemente famosas “chicas del radio”.