O meu mellor compañeiro de vida (sobre o científico Ramón María Aller Ulloa)
Rodríguez209
A porta daquela casa estaba aberta, e ao fondo vin a Ramón. Un rapaz serio pero misterioso, tiña pinta de ser deses rapaces que ao estar falando con el podería saltarche cunha pregunta dificil de contestar, esas preguntas que costa pensalas.
A Ramón sempre lle gustaron o ceo, as estrelas… Todas as noites as miraba. Vivía en Lalín cerca dunha igrexia nunha familia numerosa,en total tiña 13 irmáns.
Co tempo acercouse máis a Deus, e entregoulle a súa fe facéndose así sacerdote, aínda así el seguía vendo as estrelas todas as noites tomando nota de todos os movementos astronómicos.
Cos anos fíxose astrónomo, conseguindo así un dos soños máis grandes de Ramón. Ese título de astrónomo consegiuno en Madrid nunha Universidade.
Pouco a pouco foi converténdose nun bo astrónomo, un dos mellores, así facéndose coñecido internacionalmente.
Unha das súas mellores investigacións foi a das estrelas dobres, facéndose así pioneiro.
A súa casa facía que aquel ceo se vira doutra maneira máis fermmosa, máis misteriosa. Nesa casa aparecía o neno curioso que só saía cando facía as investigacións na súa casa como nos antigos tempos, onde todo parecía ser visto doutra maneira máis inocente. Agora eses momentos converteronse en nostalxia.
Ramón aos 86 anos seguía facendo o que máis lle gustaba, investigar astronomía. Desgraciadamente enfermou a esa idade. Estando enfermo deuse conta de que había algo que as persoas non podían cubrir na súa vida que é chegar a tocar o seu corazón desde que nace ata o punto máis debil que ía estar. Pero había algo que sempre o acompañou ata o seu ultimo día, que foron as estrelas e o seu universo inmenso de descubrimentos que non puido completar mais como dixo el “O ceo é un libro aberto para quen sabe mirar”. E así morreu con oitenta e oito anos, sabendo apreciar dende os seus ollos o ceo repleto de preguntas que naquel momento foron respondidas pola súa capacidade. FIN