Tres protacas
Xúpiter
O Sol baixaba no horizonte, somerxendo ao hemisferio antixoviano de Europa na escuridade do cosmos. “— Pode facer máis frío? — Si.” Era o saúdo dos habitantes. Os primeiros colonos trouxeran o sarcasmo terrestre entre as súas pertenzas.
Terra tiña trinta e dous anos. Cargaba cun nome que demostraba que a morriña tamén existe no sistema solar exterior. Neta da primeira xeración, traballaba nun laboratorio de bioxenética. Acadara certa notoriedade co cultivo de protacas, unha proeza xenética de patacas ricas en proteínas, mais non en atractivo comercial. “Non dá cartos,” foi a resposta oficial.
A cidade existía dentro do duro xeo que separaba a superficie de Europa do insondable océano interior. Túneles e máis túneles, calefactados e iluminados pola enerxía da auga baixo os seus pés e pola radiación do xigante laranxa, sempre invisible.
Terra saíu do laboratorio cunha mochila. Mirou cara a porta. Pechouna con chave. Notou o cheiro seco e metálico da noite. A noite duraba case corenta e tres horas e quedaban vinte.
Dirixiuse cara o labirinto de túneles que levaba ao porto aeronáutico. No bar, a tripulación dos cargueiros agardaba á que a lúa volvera a unha orientación favorable para despegar. Dous anos terrestres metidos nunha nave e só unha noite europea fora dela non animaban para marchar a durmir. O ritmo circadiano era unha lenda terrestre.
O lugar era escuro, afuracado no xeo. O aire estaba intensamente reciclado. Era un bar funcional. Unha barra, varias mesas, pouca hixiene. Unha capa de humidade xelatinosa cubría o teito. O noxo que sentiu non era diferente do que sentía en calquera outro lugar da colonia. O noxo era seguir alí.
Sentou nunha cadeira afastada, coa mochila entre as pernas. Na barra había dúas caras novas, terrestres. Consumían a bebida da casa, licor local rebaixado con auga salgada. Berraban máis que falaban, animados pola intoxicación.
— Ti non tes nin idea, iso é o que pasa.
— Que vas saber ti de propulsores iónicos!
— Foi falar o que non distingue un asteroide da súa nai!
A clientela escachaba da risa. Achegouse aproveitando a tensión e empurrou un vaso. Os berros medraron. A mofa tamén. “Mexou por el!” apuntou alguén.
Non viu quen deu o primeiro golpe pero, coa metade do bar xa involucrada na liorta, colleu o pase electrónico dunha chaqueta caída. Recolleu a mochila e saíu pechando a porta.
Virou cara o porto. Unha porta electrónica protexía o acceso e había gardas novos cotexando as caras. Agardou pola chegada dun ruidoso grupo de tripulantes e uniuse a eles. Finxiu a risa dun chiste que non escoitou. Nunha tormenta de “bip, bip, bip,” pasaron todos.
Tiña diante a zona de carga e descarga, con caixas entrando e saíndo das colosais entrañas da nave terrícola. O chan vibraba baixo as plataformas autónomas, movéndose sen descanso en frenética sincronización.
Fíxose a un lado. Tiña a boca seca. Viu un contedor sobresaír entre o material aínda por cargar na nave. Pola forma, transportaba unha broca para abrir túneles.
Amparada pola sombra, abriu a pesada porta do contedor. O espazo baleiro era mínimo. Sentiu o tremor crecente dunha plataforma que xa estaba en camiño. Colleu aire e entrou.
A plataforma elevou o contedor. Unha alarma comezou a soar. Co corpo contorsionado, Terra tiraba da porta. A suor picáballe nos ollos.
A ronca voz dunha operaria achegábase.
— Que demo che pasa? Non teño tempo para ferrallas choromicas… o peso non corresponde? O que non corresponde é o que me pagan!
Unha forza que non puido contrarrestar abriu a porta. Miráronse. En silencio.
A porta pechouse cun estrondo metálico. Terra non escoitaba máis ca un zunido agudo. Se alguén dixo algo, non foi quen de escoitalo, pero notou a inclinación que indicaba que subía pola rampla. Apalpou as tres protacas na mochila.
— Estaremos ben.
Dous anos pasaran cando desembarcaron. As pernas treméronlle co peso do corpo. Respirou un aire cálido.
Unha nova vida. Nun planeta.